Cada vez falta menos para que a última entrega de Tomb Raider aterre no mercado. E sendo multiplataforma, e tendo mellor pinta que ningún outro título da saga, moitas persoas preguntáronse por que non chegará á Wii U, sabendo que ten potencial suficiente.

“O que fixemos é traballar nas outras tres versións para que sexan exactamente iguais e ofrezan exactamente a mesma experiencia, ofrecendo o mellor de cada plataforma. Porén un sistema como a Wii U sempre che pide que fagas algunha cousa baseada na súa interface tan única. É algo que como xogador adoro, mais tamén algo que non queres facer a medias como desenvolvedor.”

Dynamics sempre foi moi coherente creando este Tomb Raider, e desde sempre dixo que as diferenzas entre as distintas versións serían ínfimas. Por tanto, a decisión paréceme moi acertada, xa que para facer algo rápido e mal, mellor non facer nada.