fallout-lanius
Un grupo de fans australianos rodaron, grazas a unha campaña de financiación online (o tan de moda “crowdfunding”), unha curtametraxe sobre o Legado Lanius, personaxe que aparece no FallOut: New Vegas.

Despois de conseguir recadar algo máis de 19 mil dólares o pasado mes de decembro, recentemente remataron a produción da curta e publicárona en YouTube.

“Á beira da ruina, o pobo de Hidebark está a piques de ser escravizados pola Lexión de César. Con todo, o seu máis cruel guerreiro preferirá a morte á deshonra. “FallOut: Lanius” contará como un simple home levará á ruína ao seu pobo, debido á súa sede de sangue e vitoria.”

.

Máis información na páxina da campaña de financiación.

motorgun
O creador do coñecido «Twisted Metal» e «God of War», David Jaffe ven de crear unha nova campaña na coñecida páxina Kickstarter.com para conseguir o financiamento do seu novo proxecto: MotorGun, un xogo de loita de coches para PC e Mac.

Ademáis de Jaffe, tamén traballarán no título o coñecido Zack Norman, creador do popular «Interstate ’76» e a xente do estudo Pixelbionic.

Ambientado nun futuro post-apocalíptico, os xogadores atoparanse con tres faccións loitando pola supremacía. Teremos que escoller a carón de que facción loitaremos para destruir ás outras dúas. Entre os modos de xogo dispoñibles estarán: “Convoy”, “Captura a bandeira” e “Salvaxe”. Cada victoria daranos experiencia e chatarra coa que poderemos mellorar e personalizar o noso vehículo. Segundo afirman os seus creadores, co profundo nivel de personalización dos vehículos, cada coche será único.

A falta de 30 días para o remate da campaña e no momento de escribir este artigo, 308 persoas apoiaron o proxecto con 28,785 dos 650.000 dólares que precisa a campaña para seguir adiante.