Sabemos que non é a mellor época para gastar diñeiro, por iso cada vez as demos xogábeis dos videoxogos están a ter máis e máis fama entre os consumidores.

Mais para aqueles que esperaban pola proba do próximo Tomb Raider hai unha mal nova, xa que Square Enix e Crystal Dynamics anunciaron que non lanzarán ningunha demostración antes do seu lanzamento:

“Non queremos rebentar a historia. Temos un guión tan persoal que non queremos estragalo facéndovos esperar unha semana ou máis para xogalo”.

Por tanto, se queredes saber se o título promete tanto como aparenta, deberedes esperar até o cinco de marzo, día do lanzamento.