Total War Arena comeza a alfa pechada

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Sega anunciou hoxe que o seu futuro F2P baseado na saga Total War, Total War Arena entra en alfa pechada, para a que podedes solicitar convite desde esta ligazón.

Este xogo será un multixogador online de estratexia con enfrontamentos de 10 contra 10 xogadores, no que cada un deles manexará un grupo de unidades. As partidas serán curtas e o obxectivo será destruír ou conquistar a base do rival.

Total-War-Arena-1

Total War Arena entrará en fase beta a comezos do 2015 polo declarado ata agora.

Novo parche para Alien: Isolation

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Un dos xogos destacados deste ano 2014 que está a piques de rematar, Alien: Isolation, recibiu unha actualización que engade 2 novas dificultades a un xogo xa por si mesmo esixente abondo.

Estes novos niveis de dificultade son o chamado “Pesadelo”, que, como é de supor polo seu nome, eleva a dificultade do xogo e que provoca que o Alien sexa quen de lembrar as nosas estratexias para non caer 2 veces na mesma trampa. O outro nivel adicional é unha simplificación do nivel normal, de modo que aquel que desexe rematar o xogo sen moitos problemas poderá facelo.

Este parche foi publicado antonte.

rome-total-war-2
Chegou ao mercado antonte, 3 de setembro, pero numerosos erros gráficos e caídas, fixeron que Creative Assembly se puxera mans á obra para preparar un parche de actualización que solucione estes problemas.

Ademáis de arranxar os erros, tamén está previsto que modifique as rutinas da Intelixencia Artificial, que tamén recibiron moitas críticas, segundo os comentarios dos usuarios pola rede.

O comunicado completo da compañía:

Primeira actualización de Total War: ROME II Update este venres

En Creative Assembly estamos moi agradecidos pola resposta co Rome II, con centos de milleiros de xogadores desfrutando do xogo. Pero sabemos que, como en todos os lanzamentos masivos para PC, a variedade do hardware e as especificacións dos sistemas poden causar problemas a algunha xente e estamos traballando para axudarlles a ter a experiencia correcta.

Como anunciamos o mes pasado, tamén estamos a planear axustar o balance, rutinas da IA e outras características agora que temos os comentarios de milleiros de xogadores en tempo real.

O resultado é que a primeira actualización chegará este venres e coa intención de actualizar o xogo semanalmente nun futuro inmediato

A información completa do parche estará dispoñible o venres, pero arranxará erros coñecidos debidos a confitos de hardware, ademáis de numerosas melloras no rendemento.

Ademáis, calquera que experimente erros gráficos, incluíndo problemas coas texturas de baixa resolución, debería comprobar nos nosos foros de soporte en www.totalwar.com/rome2support onde hai suxerencias dos axustes que mellorarán os gráficos na maioría dos casos.

Tamén hai unha variedade de correccións suxeridas nos nosos foros de soporte. Por favor, visítaos ou envíanos un informe co teu problema directamente ao noso departamento de Atención ao Cliente para poder arranxar o problema.

Está previsto que ese novo parche se publique mañá, 6 de setembro, apenas tres días despois do seu lanzamento.