Namco Bandai, o encargado desta nova entrega de Dragon Ball para consolas acaba de publicar un vídeo en que se mostran algunhas novidades do Dragon Ball: Ultimate Tenckaichi.

A máis salientábel é o modo Heroe, en que crearemos e personalizaremos o noso propio personaxe coas características propias do universo de Toriyama. E con el habemos de percorrer o mundo loitando contra os inimigos que topemos.

O aspecto gráfico continúa a ser tan patético como pareceu nun inicio e, con este modo non fai que me atraia para nada esta nova entrega de loita.

Son Goku, medramos xuntos, mais cando te meten en proxectos así deberíaste converter en Superguerreiro e lanzar máis dunha onda vital.

Como sempre vou deixar un oco para a esperanza, aínda que visto o visto…