Xa leva unha semana á venta Dead Space 2 e todo é como se predestinaba anteriormente, é dicir, un xogo obrigatorio para calquera usuario maior de idade.

Eu ando a xogalo e só mencionarei que os sustos e a tensión que provoca é excelente, así e todo, o análise detallado publicareino cando o pase completamente.

Por outro lado, a todos aqueles que lles sobren os cartos poden adquirir a súa edición especial que nos describe a boa protagonista do seguinte vídeo.

Por favor, mirádeo até o final e decídeme se non son uns expertos en vendernos esta edición, porque andar xogando coa cortadora de plasma…