Via | Geeks are Sexy
Transforma unha Game Boy nun gamepad para Android
Moitas de vós teredes pola casa unha Game Boy Classic (tamén coñecida como Game Boy Tixolo ou Game Boy Tocha). E probabelmente non funcione, ou simplemente xa estea obsoleta e non a queirades para nada. Pois… por que non transformala nun gamepad para poder xogar co teu Android?
Esa foi a idea de Chad Boughton, quen deu en facelo e describir o proceso no web Instructables. Que se precisa? Pois unha Game Boy, un Wii Mote, unha carcasa ríxida para soster o teu móbil con Android e o aplicativo Wii Controller IME ou outro semellante. Ah! E un pouco de xeitiño!
Podes ler as instrucións do proceso todo nesta ligazón: http://www.instructables.com/id/Game-Boy-Android-Gamepad/