Un dos responsábeis de Bioware respondeu a unha serie de preguntas relacionadas, como non, sobre o seu próximo Mass Effect 3.

As respostas foron esperanzadoras para todos aqueles que desfrutamos desta serie de videoxogos galácticos. Porque o Mass Effect 3 será un final épico para a triloxía do comandante Shepard, mais non será o encerramento definitivo da saga Mass Effect.

As súas palabras concretas foron:

“Non, non será o final do universo Mass Effect. Temos planos ambiciosos para continuar esta franquía. O Mass Effect 3 é ao mesmo tempo dúas cousas moi diferentes: Unha conclusión épica á triloxía, como prometemos aos fans que lles dariamos para o Comandante Shepard, e ao mesmo tempo un novo comezo. Será o punto de entrada para novos seareiros neste novo comezo.”

Alén disto, tamén mencionou que Shepard non aparecerá en futuras entregas do Mass Effect.

Xa sei que estades a pensar que queren explotar unha saga tan rentábel como esta, mais que queredes que vos diga? Mentres continúen a facer xogos desta cualidade, por min que non paren.

Vía: 3DJuegos