Eliminador de xente molesta de 8 bits

Por: Domingo, 10 de Marzo de 2013, 13:20 COMENTAR

Unha solución retro para manter a raia eses pesados compañeiros de traballo… Se queres construír o teu propio, tes aquí todos os ficheiros necesarios.

Vía | Geeks are Sexy

A polémica saga de condución Carmageddon podería volver ao mundo dos videoxogos grazas a conta atrás que sacaron na súa propia web.

A inesperada conta atrás remata o día 1 de xuño (xusto antes do E3), e polo que parece estariamos ante un inminente novo videoxogo de Carmageddon. Recordemos toda a polémica que captou esta saga polo feito de ter que conducir atropelando persoas,mentres que a súa cuarta entrega que ía ser sacada á luz no 2005 fora cancelada, pasando formar parte de Eidos.

Estaremos ante a definitiva volta de Carmageddon?, todo parece afirmar isto, mais tocará esperar uns días para asegurar todo.

Nova conta atrás de Capcom

Por: Mércores, 6 de Abril de 2011, 13:00 COMENTAR

Pensades que este ano iades quedar sen as enigmáticas contas atrás das compañías para presentar algún título?, pois esquecédevos, porque Capcom acaba de abrir unha páxina cunha conta atrás que remata o próxmo mércores.

Como é normal, non sabemos absolutamente nada, mais que dúas letras (DD) e unha aparente silueta dun dragón.

Como acontece sempre, todos comezaron a especular sobre qué xogo sería, uns falan sobre un remake de Dungeons of Dragons, outros soñan co regreso de Darkstalkers, aínda que a maioría dos votos van para Dragon´s Dogma.

Saieremos de dúbidas dentro dunha semaniña. A ver como nos sorprende Capcom.