Os de Bethesda son uns “cachondos” da vida, tanto é así que parece ser que teñen uns campeonatos internos de atopar quén é o primeiro en superar algún dos seus xogos no menor tempo posíbel, e o xogo que lle tocou desta volta é o esperado The Elder Scrolls V: Skyrim.

Pois ben, enfrontáronse nesta curiosa competición o encargado de control de calidade (Sam Bernstein) e o director de deseño de escenarios (Jeff Brown) e os resultados son verdadeiramente curiosos, xa que os dous o remataron en pouco máis de dúas horas, concretamente o primeiro rematounon en 2h:16m:30s e o segundo en 2h:16m:10s.

Agora estaredes medios preocupados, tendo en conta que este xogo vai ser moito máis grande que o seu predecesor, mais non hai porque estalo, xa que normalmente estas persoas coñecen atallos, trucos, etc que o resto de mortais non sabemos, polo que non hai de que preocuparse, é máis, parece ser que xa probaron o xogo outras persoas fóra da compañía e nas primeiras 3 horas apenas pasaron das misións iniciais, así que xa sabedes, non vos preocupedes, e se sodes capaces de pasalo en menos de 2 horas e cuarto, falade con Bethesda que seguro que vos obsequian con algo.