zynga
Seguindo co proceso de reestruturación da compañía Zynga, o novo xefe executivo Don Mattrick anunciou nun escrito que os tres executivos David Ko, Colleen McCreary e Cadir Lee abandonarán a compañía próximamente. Esta nova únese ao recente peche de tres oficinas e os 500 empregados que foron despedidos.

No escrito publicado polo propio Mattrick no blogue oficial de Zynga:

“Estamos a eliminar algúns rangos de executivos para achegar aos altos dirixentes ás importantes iniciativas de produtos.”

“Co anterior, penso que imos ter a mellor oportunidade de medrar, construír un equipo de executivos de clase mundiar e cultural, establecer unha boa cadencia e realmente comprometernos coas importantes prioridades e oportunidades para o noso éxito a longo prazo.”

A mesma semana pasada pecharon o estudo OMGPOP, que mercaran hai un ano por 180 millóns de dólares.