Un plaxio de Smash Bros?, si, pero All-Stars Battle Royale está captando gran variedade de loitadores para o seu xogo de loitas.

Os últimos que se uniron á plantilla foron Cole, de InFamous e a parella Jak e Daxter.

Nos seguintes vídeos podemos observar os seus movementos, as súas técnicas…como é lóxico cada un emprega movementos dos seus videoxogos particulares o que fai que exista unha mestura bastante singular.

Persoalmente sigo sen ver moi claro este título, pero ben é certo que cada vez está collendo mellor pinta.

Confirmado Gears of War: Judgment

Por: Sábado, 2 de Xuño de 2012, 13:26 COMENTAR

Dende que Gameinformer sacou na súa portada unha silueta que cheiraba de lonxe á saga Gears of War, só era cuestión de tempo que sacasen máis información para gusto de todos os fans.

Agora xa é unha realidade, e non se deron aguantado á chegada do E3 para amosar un par de imaxes que nos mostran como vai ser.

Como podemos ver, parece que encarnaremos a Baird e Cole (compañeiros de Marcus e Dom) os que están acusados por crimes militares.

Todo apunta que será unha precuela da triloxía dirixida por Marcus Fénix e coméntase que ofrecerá máis liberdades que a triloxía orixinal.

O xogo está desenvolvido por People Can Fly, responsábeis do xenial Bulletstorm, así que podemos ter boas esperanzas neste novo Gears of War.

Esperaremos á conferencia de Microsoft no E3 para ver algo máis.