Nova imaxe do próximo título de Cliffy B.

Por: Luns, 2 de Setembro de 2013, 15:41 COMENTAR

Recoñezámolo, Cliff Bleszinski desfruta sendo o centro de atención dos medios de comunicación e se para iso ten que sacar imaxes do seu novo proxecto con contapingas, así o fará.

Pero entón porque tanta espectación? Pois porque aínda con todas as declaracións poémicas que realiza, non deixa de ser o creador de Gears of War, unha saga que revolucionou esta xeración e da cal moitos xogos plaxiaron xogabilidade.

Deste xeito, o novo videoxogo que está a crear Cliffy B. colócase nun dos máis agardados.

Así, saca á luz unha nova imaxe da súa próxima criatura:

Blezinski_teaser

Na imaxe observamos o que parece un pai e un fillo que teñen que sobrevivir nunha cidade futurista, o que nos pode recordar nun primeiro momento ao xenial The Last of Us.

Até que Bleszinski queira ofrecer algo máis que imaxes sobre este título, teremos que conformarnos con imaxes do propio. Seguiremos agardando.

O próximo sábado procederase a entregar unha serie de premios aos mellores xogos do ano (hai que ben, hai que mal…bah, a min non me interesa o feito dos premios), o que realmente me interesa e o que acompañará a esta celebración, é dicir, as novidades que se presentarán, entre as que se atopan novos xogos.

No referente aos premios que dicir, nunca vai chover ao gusto de todos, polo tanto supoño que haberá algo de polémica, pero o verdadeiramente interesante é o vídeo que amoso a continuación, onde o bo de Cliffy B. (principal responsábel de Epic Games) anuncia que presentará un gran anuncio e unha nova experiencia.

Toda a prensa deu por sentado que presentará un novo videoxogo, e se non é así, que pode ser?

Cada un que faga as súas apostas, pero eu apostaría por un novo xogo por descarga, unha segunda entrega de Shadow Complex ou algo moi similar.

A vós que vos parece?

Cliffy B. sabe “hypear” un xogo

Por: Venres, 7 de Xaneiro de 2011, 21:02 COMENTAR

Cliffy B., coñecido por crear esa impresionante saga que é Gears of War, tamén está detrás do proxecto Bulletstorm.

E facendo uso da súa forma de ser, solta unha frase para vender o título. Dicindo que vai ser o mellor shooter da historia?. Non

Dicindo que terá uns gráficos impresionantes?. Tampouco.

A súa forma de vendernos Bulletstorm é dicindo que poderemos rebentarlle o buraco do cu aos inimigo e dándolle as grazas ao seu avó. Aquí as súas palabras:

O meu avó díxome unha vez que, se me concentraba, podía facer calquera cousa.
Fixen un xogo no que podes voarlle o ollo do cu a un home. Vai por ti,avó.