halo-3
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.

Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.

Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.

Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.

might-and-magic-clash-of-heroes
Segundo confirmou Microsoft, o título da primeira quincena de outubro dentro da promoción Games with Gold, coa que está a agasallar dous xogos ao mes aos usuarios cunha subscrición Gold a Xbox Live, será o Might & Magic: Clash of Heroes (Ubisoft, 2011).

“Xa está dispoñible para XBLA o premiado xogo Might & Magic Clash of Heroes! Vive a épica aventura de 5 novos heroes que deberán liderar aos seus exércitos para salvar o mundo de Ashan. Descobre unha mezcla única de RPG, batallas e crebacabezas e os novos modos de combate online e offline de ata 4 xogadores. – Desfruta de 20 horas de campaña no impresionante universo de Might & Magic e aprende incríbles combos – Lidera 10 faccións de heroes e feitizos, 40 criaturas con diferentes habilidades e máis de 50 artefactos. – Reta aos teus amigos tanto online como offline, 1 contra 1 ou no novo modo cooperativo 2 contra 2. – Aumenta a experiencia do teu heroe ata convertilo nun campión nos modos exclusivos online de batallas con ranking.”

Máis información do xogo en Xbox.com.