Chuck Norris vs Angry Birds

Por: Luns, 13 de Febreiro de 2012, 12:59 COMENTAR

Os chistes de Chuck Norris non acaban nin acabarán (ou a súa furia desatarase) e tanto reparte nun filme como reparte nun videoxogo.

Desta volta vemos o que acontecería se este personaxe entrase no mundo de Angry Birds, non creo que sorprenda a ninguén…

A camiseta de Chuck Norris

Por: Domingo, 2 de Xaneiro de 2011, 14:53 COMENTAR

Chuck Norris é capaz de gañar un conecta catro en tres movementos e cerrar unha porta xiratoria dunha patada, así que non teñades a ilusión de que poidades levar a Chuck nesta camiseta, el será quen vos leve a vós dentro da súa camiseta.