China podería levantar o veto ás videoconsolas

Por: Sábado, 28 de Setembro de 2013, 12:00 COMENTAR

china-videoconsoles
A comezos deste 2013, houbo rumores de que as autoridades chinesas estaban a barallar levantar o veto á venda de videoconsolas.

No ano 2000, o goberno chinés prohibíu a venda de videoconsolas polo medo ao impacto que tería na xente nova, o que levou á popularización dos xogos de PC e cibercafés. A pesar do veto de máis dunha década, tamén era posible conseguilas por canles non oficiais, aínda que a maioría de xogadores optaban por xogar no PC ou en smartphones.

Se temos en conta o potencial de mercado do xigante asiático, as grandes compañías están desexando poder entrar nese mercado, onde agardan (e seguramente o consigan) obter uns enormes ingresos nas súas contas.

Segundo The Wall Street Journal, o Consello de Estado afirmou onte que as compañías de videoxogos estranxeiras que operen na nova zona de comercio de Shanghai, poderán vender os seus produtos por todo o país, aínda que cada dispositivo terá que ser aprobado polo Ministerio de Cultura do país asiático.

Aínda non se coñecen datas exactas para o levantamento da prohibición, pero a nova zona de comercio de Shanghai está previsto que sexa creada nos vindeiros tres anos.

china-videoxogos

A nova aparece cando o xornal chinés South China Morning Post asegura que o goberno oriental estaría preparándose para prohibir a venta de calquera consola estranxeira no seu país, cerrando así un gran mercado para as compañías de videoconsolas.

Polo de momento non existe ningunha confirmación ao respecto, mais tendo en conta que dende o ano 2000 compañías como Nintendo, Sega ou Microsoft non se lles permite comercializar alí, tampouco sería tan impensábel que se levase a cabo este movemento.

O que si é seguro, é que de ser verdade esta afirmación sería un bo golpe para os fabricantes de videoconsolas.