Décimo aniversario de Xbox en Europa

Por: Xoves, 15 de Marzo de 2012, 12:33 COMENTAR

A Xbox está de celebración, xa que fai dez anos que aterrou neste continente coa anterior Xbox. Concretamente o 14 de marzo de 2002 a enorme consola de Microsoft chegaba a Europa con retraso,xa que en América e Xapón xa residía, mais esta chegada foi contundente e para quedarse.

Non precisamente polo éxito desta consola, senón pola Xbox 360 que chegou no 2005, un ano antes da súa grande competidora PS3. Quizáis fose porque chegou antes, quizáis foi porque traía títulos como Gears of Wars, quizáis foi por certas innovacións como logros ou un moi mellorado aspecto gráfico…pero sexa polo que sexa a Xbox 360 foi comendo territorio á que antes era todopoderosa Playstation.

Así, un total de 66 millóns de Xbox 360 vendidas en todo o mundo das cales 20,32 millóns de unidades foron vendidas en Europa o que a convertiu nunha das grandes.

Dez anos despois xa comezan aparecer moi serios rumores sobre unha nova Xbox, polo de momento denominada Xbox 720 e suspostamente presentada no próximo E3.

De todos os xeitos Microsoft para celebralo lanzou un novo bundle conmemoratico chamado Xtreme Pack que consiste en:

  • Consola Xbox 360 con Wi-Fi incorporado, 250GB, un mando inalámbrico e un micro
  • Gears of War 3
  • Halo Reach
  • Fable III
  • Unha suscripción de tres meses a Xbox Live Gold

Todo isto a un prezo de 249.99€.

Esperemos que coa próxima consola continúen apostando tanto polos bos xogos.