EA cancela o «Command & Conquer»

Por: Mércores, 30 de Outubro de 2013, 9:00 COMENTAR

command-and-conquer
Electronic Arts anunciou a cancelación do título free-to-play «Command & Conquer», así como o peche do estudo encargado da súa creación, Victory Games.

Segundo o comunicado feito oficial, a decisión desta cancelación foron os comentarios negativos dos fans que puideron probar unha versión alfa.

“Parte de estar nun equipo creativo é entender que non todas as túas decisións van funcionar. Neste caso, pasamos do modo campaña e creamos unha experiencia multixogador, baseada na economía.”

“Os vosos comentarios da versión alfa foi clara: non estamos a facer o xogo ao que queredes xogar. É por iso que, logo dunha reflexión moi difícil, tomamos a decisión de deixar a produción desta versión do xogo. Pese a que respetamos o gran traballo feito polo noso talentoso equipo, a finalidade é que vós teñades o xogo que agardades e mereceds.”

“Cremos que Command & Conquer é unha poderosa franquía cun potencial enorme e unha gran historia e estanis determinados a ter o mellor xogo feito o antes posible. Para este fin, xa comezamos a pensar en certas alternativas para que o xogo volva ao camiño. Estamos ansiosos de compartir máis novidades da franquía a medida que se desenvolva.”

“O equipo de Victory Games será disolto. Sempre que sexa posible, estamos a traballar para axudar a estas talentosas persoas a atopar outras oportunidades dentro de EA.”