Campionato mundial de PES 2013

Por: Luns, 30 de Setembro de 2013, 10:00 COMENTAR

pes-world-finals
Esta pasada fin de semana celebrouse, no marco da feira GAMES13 no World Trade Center de Dubai, o campionato mundial de PES 2013, organizado pola propia Konami.

O gañador, o alemán Patrick Maier, recibirá un premio de 10.000 €, mentres que o finalista, o brasileiro Allison Black, recibirá 5.000 € de premio. A final foi moi pouco disputada ao gañar o alemán por 4 goles a 1.

Neste torneo participaron 30 dos mellores xogadores de todo o mundo, entre eles os españois Pau Lara, Manuel Sánchez e Ignacio Parés.

Ademáis deste campionato, tamén se puido probar a nova entrega PES 2014 e presentouse o novo Castlevania: Lords of Shadow 2 e a recopilación do Metal Gear.

Novos datos sobre Lords of Shadow 2

Por: Luns, 13 de Maio de 2013, 16:29 COMENTAR

Castlevania-Lords-of-Shadow-2

Despois de que Castlevania: Lords od Shadow sorprendese á toda comunidade de xogadores, chéganos nova información sobre a súa segunda entrega.

O que máis sorprende é que a historia de Gabriel rematará nesta segunda entrega, nada de estirar a historia con “pseudotramas” e a historia narrarase en dous períodos de tempo diferentes, un cunha ambientación contemporánea e outra nun castelo noutra época.

Por outro lado teremos á nosa disposición dous poderes que deberemos invocar baixo o nome de “Baleiro” e “Caos”, o primeiro obsequiaranos saúde por cada golpe e o segundo daranos máis forza e poder.

Para rematar coas novidades, os inimigos finais serán moito máis longos e difíciles de eliminar, deberemos traballar con máis intensidade para o noso fin.

Precisamente estas foron as palabras de Yoshikazu Matsuhana (productor de Metal Gear Solid 3D Snake Eater), na cal deixa ben claro que se os consumidores queren e piden estes dous títulos, non terán problema en sacalos na Nintendo 3DS.

A min paréceme unha obviedade isto, porque se sabes que hai moita xente que che van mercar o videoxogo, normal que non teñas problema en sacalo, pero deixando as cousas lóxicas a un lado, eu estaría encantado de recibir estes dous clásicos.

Aínda que por outro lado, escollerían ben o MGS2 sabendo que xa vai saír en novembro para Xbox 360 e PS3?, e honestamente, prefiro xogalo de novo nas consolas maiores que na nova portábel de Nintendo.