Fonte | Lifehacker
Como limpar os cartuchos vellos (sen soprar!)
Truco que todos os xogadores empregamos nos 90 e funcionaba!!!.
Creado por: | Jacques Maes
Comprar: | Threadless.com
Como saberedes (e se non xa volo digo eu) os cartuchos da SNES usan unha pequena batería para gardar os datos da partida. Mais claro, a SNES lanzouse na Europa hai 21 anos, e as baterías non duran eternamente. Entón… que facer se tes un xogo antigo que xa non garda a partida?
Vamos sacar o McGyver que levamos dentro! Precisamos unha batería CR2032 (destas como as dos reloxos), un desaparafusador especial para cartuchos de Nintendo, fita illante, unha coitela e, opcionalmente, unha beberaxe que acougue os teus ánimos e tempere o teu pulso.
Todas as instrucións (en inglés), con moitas imaxes, están na ligazón a seguir: http://motherboard.vice.com/blog/pictures-how-to-replace-an-snes-cartridge-save-game-battery