Carmageddon-Reincarnation

Despois de todos os rumores acerca dunha nova entrega do xogo de condución máis polémico, Carmageddon, parece que a cousa ponse seria de verdade e poderémolo ver na “next-gen”.

Todo isto grazas a Les Edgar, co-fundador da compañía Bullfrog que ofreceu preto de tres millóns e medio de dólares que xunto o gañado en Kickstarter (650.000 $) teñen unha suma máis que suficiente para realizar o proxecto.

Os encargados da súa posta en marcha serán os integrantes de Stainless Games, e aínda que polo de momento non podemos adiantar nada, non teñen un camiño doado para reencarnar unha das sagas máis coñecidas de condución.

Carmageddon: Reincarnation confirmado

Por: Mércores, 1 de Xuño de 2011, 10:12 COMENTAR

Parece que a conta atrás que colgaron na páxina de Carmageddon si que levou a bo porto, xa que finalmente confírmase o lanzamento dunha nova entrego do xogo de condución máis besta até o momento.

O novo Carmageddon traerá como sobrenome Reincarnation e será un xogo de descarga, algo que non gustará aos fans desta saga, e que chegará á plataforma online en 2012.

Segundo palabras do equipo directivo, esta nova entrega de Carmageddon conservará a esencia que fixo famosa esta saga, é dicir, sangue, atropelos e toneladas de humor negro.

Esperemos ver o resultado.

A polémica saga de condución Carmageddon podería volver ao mundo dos videoxogos grazas a conta atrás que sacaron na súa propia web.

A inesperada conta atrás remata o día 1 de xuño (xusto antes do E3), e polo que parece estariamos ante un inminente novo videoxogo de Carmageddon. Recordemos toda a polémica que captou esta saga polo feito de ter que conducir atropelando persoas,mentres que a súa cuarta entrega que ía ser sacada á luz no 2005 fora cancelada, pasando formar parte de Eidos.

Estaremos ante a definitiva volta de Carmageddon?, todo parece afirmar isto, mais tocará esperar uns días para asegurar todo.