No día de onte confirmouse oficialmente a próxima entrega da famosa saga de Call of Duty, baixo o sobrenome de Ghosts.

Un movemento arriscado tendo en conta o éxito de todos os Modern Warfare,mais desta volta parece ser que a innovación chamará á porta desta saga FPS.

Pero non rematan aquí as novidades, xa que a desenvolvedora Sledgehammer Games, que traballou en cooperativo con Infinity Games na terceira entrega de Modern Warfare non estará presente neste novo título.

Parece ser que está involucrada noutro proxecto do que aínda non se sabe absolutamente nada, mais todo parece apuntar que estará relacionado con Call of Duty.

Polo de momento quedámonos co teaser de Call of Duty: Ghosts e agardaremos a que o 21 deste mes amosen algo máis na conferencia de Microsoft.