Super Mario Bros. nunha caixa de cartón

Por: Mércores, 14 de Setembro de 2011, 1:18 COMENTAR

Todos nós estamos afeitos a ver o Super Mario Bros. en todas as plataformas da Nintendo, desde as Game&Watch até a Wii. Porén desta volta podémolo ver nunha plataforma menos usual, máis analóxica e imaxinativa. Ben é certo que a variedade de escenarios é escasa e os controles un pouco anticuados, mais seguro que todos vós habedes de querer un.

Vía | @codigocero, o twitter de Código Cero