BulletStorm-13-05-10-005

People Can Fly, antes de realizar o xustiño Gears of War: Jugdment, creou un FPS dos máis divertidos desta xeración, así de claro o digo e sen arrepentirme de nada, este shooter traía como nome Bulletstorm, mais ,a pesar de que a crítica fose boa con el, as ventas castigaron a este xogo sen merecelo.

Bulletstorm non chegou nin ao millón de copias vendidas entre todas as plataformas, mais Wojciech Madry, diseñador dos seus niveis aclara que fixeron todo o que estivo nas súas mans.

Penso que sempre que fixeras o mellor que puideches e les o entusiasmo da crítica, aínda que isto non se traduza en éxito comercial, sentes como quizais puideses ter feito as cousas doutra maneira.

Mais foi a nova IP máis exitosa dese ano.

O problema é, como na industria do cine, que a maior parte do diñeiro gáñana as secuelas. Ao final fixemos todo o que puidemos para crear un gran xogo, un que quixeramos xogar, e non hai nada do que avergoñarnos ou queiramos cambiar. Fixemos todo o que puidemos.

No seu momento en Memoria Pixelada realizamos a súa análise, podedes botarlle un ollo no seguinte enlace.

Análise de Bulletstorm

Por: Xoves, 17 de Marzo de 2011, 0:39 COMENTAR

Epic Games está inmerso na súa próxima xoia que é Gears of War 3, pero as grandes compañías non se conforman con realizar un só xogo e bríndannos Bulletstorm, un FPS futurista no que predomina o sangue, os tiros, os comentarios humorísticos e todo isto adornado cun apartado técnico de luxo.

Honestamente nunca pensei que Bulletstorm chegase á calidade que ten, só pensaba “vale, un xogo de Epic Games que quere aprobeitar o tirón do seu GoW, xogábel, pero sen alardes”. A ignorancia que tiña cando pensaba isto xa desapareceu, porque Epic Games volveuno conseguir,volveu colocar no mercado un xogo tremendamente divertido que moi doadamente se pode convertir no GOTY do ano.

Ler o resto da entrada »

Cliffy B. sabe “hypear” un xogo

Por: Venres, 7 de Xaneiro de 2011, 21:02 COMENTAR

Cliffy B., coñecido por crear esa impresionante saga que é Gears of War, tamén está detrás do proxecto Bulletstorm.

E facendo uso da súa forma de ser, solta unha frase para vender o título. Dicindo que vai ser o mellor shooter da historia?. Non

Dicindo que terá uns gráficos impresionantes?. Tampouco.

A súa forma de vendernos Bulletstorm é dicindo que poderemos rebentarlle o buraco do cu aos inimigo e dándolle as grazas ao seu avó. Aquí as súas palabras:

O meu avó díxome unha vez que, se me concentraba, podía facer calquera cousa.
Fixen un xogo no que podes voarlle o ollo do cu a un home. Vai por ti,avó.

Novo In-game de Bulletstorm

Por: Domingo, 26 de Setembro de 2010, 14:18 COMENTAR

A simple palabra de Bulletstorm quizáis non nos signifique nada, pero se falamos de que está sendo desenrolado por Epic Games, o conto ten que cambiar, e moito, porque os creadores dos impresionantes Gears of War volven cun shooter propio deles, é decir, sangue,disparos,crueldade e infinitas doses de acción frenética.

A decir verdade nunca fun moi fan destos xogos que che puntuan cada morte que fas, pero estamos falando de Epic Games, estamos falando de que canto máis cruel e sanguenta é a morte máis puntuación recibimos e estamos falando dunha compañía que conta cuns títulos moi divertidos as súas costas.

Quizáis me estea deixando levar pola emoción, pero saberémolo a ciencia certa o 22 de febreiro do próximo ano (normal, non ía ser deste ano).