DayZ chegará as tendas en 2016

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Vybor_Exit

Bohemia Interactive declarou que DayZ entrará neste vindeiro 2015 en fase beta e que para o ano 2016 ten prevista a súa aparición nas tendas cunha versión release estable totalmente.

Despois do éxito do mod para Arma II que plantou a semente para o desenvolvemento deste xogo, as críticas e as peticións e esixencias dos xogadores non paran, e máis ainda desde que chegaran aos 2 millóns de copias vendidas no Early Access de Steam. O desenvolvemento deste xogo pasou por fases de novas moi contraditorias, e mesmo o creador do mod, Dean Hall, marchou do estudo que está a desenvolver DayZ para fundar o seu propio.

Da versión de PS4 non se comentou nada novo, mentres que para Xbox One continuamos sen saber se existirá ou non.

dayz

Nunha nova entrada no blogue de DayZ, Marek Španěl, CEO de Bohemia Interactive, confirmou que non agardan alcanzar a versión beta do xogo DayZ antes de finais deste 2014.

Polo de agora, seguen a traballar en pulir e mellorar a versión alpha e eliminar os numerosos erros. A lista de prioridades de traballo que teñen son:

  • Rendemento, estabilidade e seguridade dos servidores.
  • Animais e caza.
  • Cociña e acopio de recursos.
  • Vehículos personalizables.
  • Construccións creadas polos xogadores no entorno.
  • Interacións máis complexas co entorno e opcións de artesanía.
  • Simplificación das accións de usuario e interface.
  • Control e animacións ampliadas e melloradas para mellor fluidez.
  • Mellora no motor gráficos e físicas
  • Soporte para mods e maior flexibilidade para partidas aloxadas polos usuarios e modos de xogo.

Con máis de 875.000 copias vendidas en menos de tres semanas dende o seu lanzamento, o xogo está dispoñible en Steam, por 23,99 €

dayzDespois de pouco máis de 24 horas á venda en Steam, a versión alpha de «DayZ» xa superou as 172.500 copias vendidas, segundo publicou o CEO do estudo Bohemia Interactive, Marek Španěl, no seu propio Tumblr.

DayZ chega a Steam

Por: Mércores, 18 de Decembro de 2013, 10:00 COMENTAR

tumblr_mg9f2js9xp1rd90z0o14_1280

Por fin chegou o día. Aló polo 2012 apareceu un mod multixogador para o aclamado simulador de guerra Arma II chamado DayZ. Dito mod colocábanos no medio dun mapa inmenso cun único obxectivo: sobrevivir.

Si, sobrevivir, tiñamos que recoller auga para poder beber, comida para poder comer, recuperar partes de vehiculos para poder montalos e utilizalos para desprazarnos…e todo isto en medio de, como non, unha invasión zombie. Persoalmente boteille unhas cantas horas e moitas risas, as anécdotas que obtías de xogar un único día a ese xogo daban para escribir un libro, xa que ó ser a liberdade absoluta, moi pronto dábaste conta de que o verdadeiro problema non eran os zombies, senón os outros xogadores que pululaban polo mapa. Que si, que o mapa era enorme, pero sempre te atopabas con xogadores en moitos dos sitios, xa sexa cazando a outros humanos nos bordes dun encoro para roubarlles as súas posesións cando foran a buscar auga, campamentos camuflados en medio dun monte ou simplemente ir andando e atoparte con outras persoas no medio da nada e acordar unha alianza temporal para poder saír vivos desas cidades nas que unha ou dúas persoas tiñan poucas opcións de saír se non iban cargados ata o tope. A frase “Anyone friendly in Cherno?” xa forma parte de calquera persoa que probara DayZ no seu momento.

Tralo éxito acarreado por dito mod, non se tardou en confirmar o desenvolvemento dunha versión independente do xogo, que pasaría a ser chamada “DayZ Standalone”. Dita versión acaba de entrar en Steam mediante acceso temprán, o que implica que será unha versión alpha, con moitos bugs, pero que lle será moi práctica aos desenvolvedores para detectar e corrixir os erros que a xente encontre e lles notifique. A versión beta espérase para finais de 2014.