Sempre que sae algún título para varias plataformas aparecen as odiosas comparacións. Que se unha se ve mellor, que se na outra vai máis lento, que se tumba, que se dálle.

Pois Andy Wilson, director do Bodycount, deixou ben claro que as versións para Xbox 360 e PS3 serán absolutamente idénticas, descartando calquera tipo de descarga exclusiva.

Como saberedes (e se non xa volo digo eu), o Bodycount é dos creadores do Black. Por tanto penso que podemos ter un xogo de moita calidade. Será tan frenético como o Black? Frenetismo e rapidez non sei, mais que vai manter o nivel de destrución de escenarios parece obvio. Salvo unha diferenza, que o xogo non está feito para botar todo abaixo, se non para darche cobertura á medida que destrúas, obrigándote así a cambiar de estratexia continuamente.

Para min é un xogo que teño non meu punto de mira (sairá o 2 de setembro) e penso que se es fan dos FPS tamén deberías darlle unha oportunidade. Ou non, dependendo do teu escepticismo.

Disparos por aquí, unhas explosións por alá, uns inimigos un chisco diferentes neste lado e todo isto nunha perspectiva en primeira persoa son os factores indispensábeis para crear un novo FPS.

Sempre me recoñecín seguidor destes xogos pero a verdade é que o novo tráiler do Bodycount non me chama absolutamente nada a atención. Será porque estamos saturados deste tipo de xogos? Será porque hai títulos infinitamente mellores que xa representan esta categoría?

Será polo que sexa, mais cando observo este tráiler paréceme estar a ver outro xogo clon, outro para o montón.