Cando un título acada un éxito considerábel, os produtores observan que poden sacar aínda máis rendemento á situación e comezan a traspasar o título a outras plataformas como portábeis, telefonía … sen preocuparse en absoluto pola calidade do propio, isto foi o caso de Call of Duty: Black Ops Declassified, aínda que de maneira esaxerada.

Black Ops 2 é un xogo moi apto para calquera amante dos FPS que pronto se converteu nun dos títulos máis vendidos do ano, de aquí que ao paso á PS Vita fose inevitábel, pero de que maneira?

Ler o resto da entrada »

A portada máis real da historia

Por: Mércores, 31 de Agosto de 2011, 21:08 COMENTAR

(Vía: Paraisofriki)

Lego Black Ops

Por: Domingo, 2 de Xaneiro de 2011, 20:25 COMENTAR

A última entrega de Call of Duty chega aos bonecos de Lego, pero non vos fiedes da súa estética infantil, porque as doses de sangue que se observan son comparábeis aos filmes do Tarantino.
Un vídeo moi ben realizado que merece ser visto por todos. Mirade.

Infinity Ward, a compañía que subiu á saga Call of Duty ao máis alto da montaña desfíxose, e a pobre de Treyarch quedoulle a enorme responsabilidade de tentar igualar o resultado de Modern Warfare.

E qué fixo Treyarch?, pois tomando boa nota sobre os xogos de Infinity Ward decidiu copiar moitos  dos aspectos que fixeron triunfar aos Modern Warfare. O primeiro foi escapar dos continuos e monótonos disparos para dar paso a unha serie de accións máis espectaculares, como pilotar un helicóptero, disparar dende un carro, bucear, infiltración… deste xeito agarra ao xogador sen deixalo escapar, o problema?, pois precisamente a clara copia dos Modern Warfare, tanto que incluso temos a fase de infiltración na neve, guiar a un pelotón dende un avión aéreo  ata a fase dentro do barco que se afunde. Nunha visión máis global, a sorpresa que sofre o xogador é moito menos acentuada.

Tamén é certo que hai certas escenas que te deixan totalmente impresionado e a intensidade da situación non deixa a ninguén indiferente.

Porque Black Ops é disparos, pilotaxe, mortes, infiltración, bombas, mísiles, buceo, nazis, vietcongs, traizóns e incluso zombis nun apartado que se desbloquea unha vez rematado o modo campaña.

Certamente isto está moi ben, pero chega a dar a sensación de que pretende abarcar todo e simplemente chega a rabuñalos.

A todo isto, debemos ter en conta que Treyarch ten a misión (imposíbel) de chegar á calidade dos Modern Warfare e dende logo o cambio entre World at War e Black Ops foi realmente impresionante, polo que se continúa nesta evolución non dubido que poidan sorprender ata o máis escéptico.

Pero continuemos con Black Ops, porque o argumento está moi ben implementado, e aínda que lin nalgúns análises que non se entende nada, que está mal contada, a min, persoalmente pareceume unha historia moi ben levada, con xiros argumentais, situacións dramáticas, etc. A min non me defraudou en absoluto.

E toca falar do apartado que máis valoran os superficiais, o apartado gráfico.

Teño que mencionar que hai que ter tino falando disto, porque o xogo non é nada regular. Explícome. Hai zonas que resultan completamente espectaculares (véxase a selva, o río, a fase de infiltración), porén existen outras que baixan moito este nivel (véxase a parte inicial e final do xogo).

Agora pregúntome, por qué Treyarch non fixo unha realización técnica igual en todas as escenas?, tirón de orellas forte.

Outra das cousas que non comprendo foi a eliminación do modo misións no multixogador. Coas horas que me pasei no Modern Warfare 2 pasando aquelas misións acompañado. Gran erro.

Pero o que estaba claro é que Black Ops estaba condenado a vender millóns de copias e non defraudou en absoluto ás tendas, pero qué pasa co xogador final?

Pois Black Ops queda por debaixo da saga Modern Warfare, pero non tanto como pensabamos. Creo que moitas críticas xa estaban escritas antes de probar o título realmente, porque é un xogo emocionante, xogabilidade perfecta (como en todos os Callo f Duty), intenso, graficamente moi bo (con pequenos bugs en momentos puntuais, pero que non inflúen na xogabilidade), e unha capacidade para entreter indubidábel.

Unha pena que a duración (unhas sete horas) non fose máis extensa.

Pero con todo, Treyarch conseguiu deixarme un bo sabor de boca, e por qué non dicilo?, non perdo a esperanza de que esta compañía continúe evolucionando ata chegar á enorme calidade da saga Modern Warfare.

Eu entredentes, doulle o meu voto de confianza.

Estamos a unha semana de que a “non sei que entrega” de CoD chegue as nosas mans, e para calmar as nosas ansias e espectativas podemos contemplar o novo tráiler de lanzamento de Black Ops onde os disparos,acción e escenas espectaculares inundan a pantalla do ordenador.
Despois de isto só queda saber se Treyarch conseguirá o maior reto o que se enfrontou unha compañía,é decir, a esquecer as xoias de arte que nos agasallaron os difuntos Infinity War deixándonos un título igual ou superior aos Modern Warfare.
Persoalmente creo que o teñen moi complexo,pero vendo os gameplays e tráilers de Black Ops, ten unha pinta moi boa,lonxe dos moi regulares CoD que realizaron Treyarch anteriormente.
Eu vou quentando os meus dedos porque van levar unha boa tunda cando pille este Call of Duty.