amazon
Segundo certas fontes da compañía, o xigante Amazon podería estar a barallar a posibilidade de lanzar ao mercado unha videoconsola propia.

Nesta época na que moitas compañías se lanzan a vender consolas que empregan o sistema operativo Android, dende a compañía non querían quedarse atrás neste potencial mercado.

Pese a este auxe de videoconsolas Android, tamén hai que ter en conta que non todas acadan o éxito agardado, como o caso da Ouya, que aínda que a súa campaña en Kickstarter foi todo un éxito, agora apenas un 27% dos seus usuarios chegaron a mercar a versión completa dos xogos do seu, polo de agora, escaso catálogo.

Entre as datas de lanzamento, soa con especial forza o vindeiro “Black Friday” (29 de novembro), data na que nos Estados Unidos inauguran a tempada de compras do Nadal con grandes descontos.