
Segundo unha imaxe filtrada hai pouco na rede parece que Ubisoft xa ten preparado o material de merchandising da vindeira entrega da saga, titulada Assassin’s Creed IV: Black Flag, anunciado para o vindeiro ano fiscal (1 de abril de 2013 a 31 de marzo de 2014) a principios de mes pola propia Ubisoft, con novo protagonista e nova época histórica. Segundo certos rumores que circulan pola rede, sairía para o Nadal deste 2013.

Póster filtrado na rede do novo Assassin’s Creed IV: Black Flag
A xulgar polo póster, parece ser que a temática principal desta nova entrega serían os piratas, o que quizáis lle daría un novo aire a esta quizáis algo queimada saga, aínda que tamén pode ser un cambio demasiado brusco e aos fans da saga non lle acabe de convencer. Veremos con que nos sorprenden…