
A falta dunhas poucas semanas para que saia á venda o esperadísimo Bioshock Infinite, os desenvolvedores de 2K Games xa teñen unha edición para coleccionistas que estará na lista de desexos de todos os amantes dos videoxogos. Especificamente haberá dúas edicións: a Ultimate Songbird Edition e a Premium Edition. A única diferenza entre ambas é que a primeira inclúe unha figura a escala dun dragón, e a segunda non. Iso si, a diferenza de prezo é de 70$. Neste artigo faremos unha revisión da Ultimate Songbird, que é a máis completa e que de seguro todos os coleccionistas quererán ter na súa casa.

A Ultimate Songbird Edition preséntase nunha caixa cadrada con motivos circenses. No seu interior poderemos atopar:
– Unha figura a escala do dragón Songbird, o antagonista principal do xogo. A maqueta mide 9’5 polgadas, isto é, uns 24 cm de alto.
– Un chaveiro de 3 pulgadas (7’6 cm) que recrea unha botella de Murder of Crows, un xarope vigorizante.
– Unha litografía de 5×7 polgadas (12’7 cm x 17’8 cm), deseñada por Jorge Lacera.
– Unha miniatura de resina de 25 mm do futuro xogo de mesa de Bioshock Infinite, da man de Plaid Hat Games.
– Un pequeno libro de arte, con conceptos gráficos do xogo, bosquexos e comentarios. A portada do mesmo está envellecida.
– Contido dixital exclusivo: banda sonora, avatares, equipamento dentro do xogo…
– Unha copia do xogo Bioshock Infinite na plataforma axeitada (PS3, XBOX 360 ou PC).