Nas mans de SEGA está este título, Binary Domain, un shooter en terceira persoa na que imita o sistema de cubertura e disparos da grandísima saga Gears of War e cun argumento futurista na que os robots e as máquinas controlan a sociedade.

O tráiler deixa moi bo sabor de boca, tanto polas situacións límite que se mostran como polo apartado técnico, aínda que personalmente paréceme que non é constante, é dicir, os personaxes están moi ben recreados, mais os escenarios parecen baleiros de máis.

A variedade de situacións como manexar vehículos como coches ou lanchas pode ser a guinda final dun xogo que promete bastante e que esperemos que continúe así.

Para sabelo teremos que esperar até o 24 de febreiro, xa non queda nada.