Tampouco é que sexa unha nova que chame moito a atención, mais dáme pé para comentar algo que sempre quixen dicir. Como saberedes cada vez que nos din que un videoxogo virá en varios DVDs sempre pensamos “é tan potente que non colle nun só”. Até que punto é certo isto?

Refírome a que xogos como o Final Fantasy XIII viñan en 3 DVDs e a súa cualidade tampouco era unha exaxeración. O L.A Noire outro tanto do mesmo. E vós diredes, iso é pola duración…

Entón porque o Resonance of Fate (por pór un exemplo), que pasa das 50 horas, está nun só DVD?

Deixo todo isto no ar para rematar coa frase que quería mencionar.

Algunhas compañías non se estarán a aproveitar deste factor para facernos crer que un título é mellor do que é?

Ollo, non quero dicir que o Battlefield 3 vaia ser ruín, en absoluto e todo o contrario. Mais vendo os exemplos que mencionei antes, como o L.A Noire ou o FF XIII, faime desconfiar.

En fin, a nova coa que comezaba era que a terceira parte do Battlefield aparecería en 2 DVDs, e todo isto por unha imaxe que saíu á luz.