Ven desfrutar do paraíso tropical da Isle Delfino! Déitate na praia de Battleship Island, escala ao cume de Erto Rock e pasa a noite no Hotel Lacrima!
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Ven desfrutar do paraíso tropical da Isle Delfino! Déitate na praia de Battleship Island, escala ao cume de Erto Rock e pasa a noite no Hotel Lacrima!
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Luigi’s Mansion é un deses xogos cunha beta tan interesante que había que facer un vídeo sobre ela… e, vaia, aquí o tendes.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Algunha vez pensaches que un abraiante plataformas como o Banjo-Kazooie puidese vir dun RPG pirata para a Super Nintendo? Pois así é, e no vídeo contan como foi iso.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Mergúllate no mundo do Donkey Kong 64 e desfruta das texturas e sons sen usar!
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Existe unha saga de xogos de loita mellor que o Smash Bros.? Non quero sabelo. Deixádeme! O caso é que aquí tendes a beta da versión de Wii, o Super Smash Bros. Brawl.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Yuriofwind>
Que xogo tes cando misturas as plataformas do Super Mario e os elementos RPG do Paper Mario? Super Paper Mario! E que tes cando un xogo muda de sistema durante o desenvolvemento? Un feixe de material beta!
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
A secuela do Super Smash Bros. orixinal é a día de hoxe considerado o mellor de toda a saga. Vaia, se cadra pode haber debate co Super Smash Bros. for Wii U, mais é certamente mellor que o Super Smash Bros. Brawl. Sexa como for, neste vídeo repasan a beta do xogo.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Yuriofwind>
Aínda que non hai moito material sobre a beta, existen unha chea de espazos sen usar. Se queres saber máis sobre eles, visita este link: http://tcrf.net/The_Legend_of_Zelda:_The_Wind_Waker/Unused_Rooms
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Final Fantasy VII é un dos maiores xogos da historia, e a historia que hai detrás seu desenvolvemento é moi interesante. Dade unha ollada no vídeo.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Yuriofwind>
Sonic Adventure é unha das maiores “aventuras” de Sonic. E sendo o primeiro xogo de Sonic completamente en 3D, podes ter a certeza de que hai un lote de ideas, esbozos e obxectos descartados. Tantos, que mal caben todos neste vídeo!
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64
Ura Zelda ía ser unha extensión para o Zelda: Ocarina of Time pensado para o 64DD, un periférico da Nintendo 64 que resultou un fiasco. Unha mágoa.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Yuriofwind>
The Legend of Zelda: A Link to the Past axudou a crear a saga Zelda que tanto adoramos hoxe en día. A adición de muros quebradizos e novos ataques leva na serie máis de 20 anos grazas a este xogo. Mais A Link to the Past non foi pensado para a Super Nintendo nun principio, senón que ía ser o terceiro Zelda da Nintendo.
Nota: O vídeo está en inglés.
Canal | Beta 64