Antes de nada quero dicir que non me fío nun un pelo das declaracións que fixo o portavoz de DICE por twiter, Alan Kertz, xa que segundo as súas palabras se queremos conseguir todos os desbloqueábeis de Battlefield 3 (liberar todos os gadgets, armas, elementos bloqueados, etc) chegaremos ás 100 horas de xogo.

Primeiro punto: Entón canto vai durar a campaña individual, porque tendo en conta nas cifras que se moven para resolver temas secundarios (como é a adquisición de todas as armas, etc) dame a entender que a campaña individual terá que ser relativamente longa para un FPS, e aínda que xa confirmaron isto, perdoádeme por non crelo tampouco.

Segundo punto: DICE atópase na súa etapa de márketing, e ben sabemos que ten un difícil competidor polo que ten que botar man do que sexa. Espero que sexan palabras verdadeiras e non fume.

Que vai ser un xogazo para todos os amantes dos FPS?, por suposto, que vou botar 100 horas xogando á campaña?, nin de broma.

Xa circula pola rede un novo vídeo in-game do agardado título “Battlefield 3.
Polo que se pode observar, os detalles gráficos que terá o xogo son de moi alta calidade, subindo un pouco máis o listón para os seus competidores neste mundo dos videoxogos onde cada vez se esixe máis e máis nivel de realismo.

Se todo vai ben, está previsto que o videoxogo estará nas tendas aló polo cuarto trimestre deste ano… xa queda menos.

“2014. As forzas da coalición dirixidas polos marines norteamericanos continúan as operacións de pacificación a través das fronteiras iraquí e iraní para recuperar a estabilidade da rexión. As forzas da marina xa estiveron afrontando unha crecente e hostil insurxencia entre Irán e Iraq, próximo a Sulaymaniyah. Os ataques mostran signos de organización. A insurxencia é coñecida como PLR.”

Filtrado gameplay de Battlefield 3

Por: Domingo, 6 de Marzo de 2011, 15:47 COMENTAR

Despois dun par de días de ausencia na páxina volvo traendo comigo un novo gameplay do brutal Battlefield 3, directamente filtrado dende a GDC, no cal nos volven a mostrar que DICE está realizando un impresionante traballo.

Vale, sei que o vídeo está grabado dende un cámara posíbelmente de teléfono, vale, tamén sei que o señor ten menos pulso que un cirurxán farto de tequila, pero con todo isto podemos percibir un título que chamará a atención de todos.

Mención especial á destrución de escenarios (típicos da saga) e aos efectos de iluminación.

Alguén dubida de DICE?