Pacman e Robin

Por: Martes, 25 de Xuño de 2013, 10:00 COMENTAR

pacman-robin

Vía | Dorkly.com

batman-arkham-origins

Como saberedes, a próxima aventura do cabaleiro escuro está en camiño, mais despois da calidade e do éxito das dúas entregas anteriores os fans non están moi convencidos deste Origins, por que? pois porque Rocksteady xa non estará detrás do xogo, e son Warner Bros Game Montreal os encargados de que Batman volva por todo o alto.

Polo de momento o que vemos nos vídeos non desgusta, mais esa incerteza segue patente nos xogadores, polo que Eric Holmes, directivo do propio estudo tivo que saír a facer unhas declaracións ao respecto:

A xente ten todo o dereito a ser cínica, pero que veñan e proben o xogo nun dos eventos a onde o levamos. Penso que tan pronto como teñan o mando na man verán que é un xogo auténtico e que emprega as mesmas mecánicas que os xogos previos da saga Arkham.

Pero despois disto continuou falando até chegar ao punto que queremos, asegurando que o título terá unha historia que enganchará e gustará a todos, sobre todo aos que sen fans do superheroe:

Ademais creo que sobre todo temos unha gran historia. Non podo contar moito sobre ela, pero o que si podo asegurar é que estou moi emocionado con ela. É unha historia moi importante no mundo de Batman e os fans, estou seguro, van desfrutar dela moito máis que calquera outra persoa.

Agora só toca agardar ao 25 de outubro a que chegue ás tendas para confirmar que isto sexa certo, e para que vaiades abrindo o apetito, déxovos o tráiler do xogo:

A verdadeira identidade de Batman

Por: Xoves, 21 de Xuño de 2012, 14:11 COMENTAR

Vía | Grupo do Facebook de Matalobos

E non é a única teima que ten o tradutor do Google co galego e os pokémons. Traducindo do galego, e segundo Google, Pikachu en portugués é Iron Manel pikachu en latín é ille Superman, super pikachu en esloveno é Super Mario, e Galiza en inglés é pokemon.

Un paisaxe dunha excelente aventura

Por: Xoves, 12 de Xaneiro de 2012, 16:25 COMENTAR

Este ano aínda ten moito que falar no que a lanzamentos de videoxogos di respecto. E sen dúbida un dos que están na lista dos máis esperados é o Batman: Arkham City, que sairá á venda no 21 de outubro.

Tampouco é de estrañar que sexa un dos máis solicitados, porque promete superar a experiencia xogábel do anterior capítulo, que é moito dicir.

Neste par de vídeos que vos achego móstranse novos gadgets do noso heroe e algún inimigo que teremos que vencer.

Será máis grande, máis variado, máis de todo… con referencia á anterior parte. De modo que todos aqueles que desfrutamos da primeira parte xa podemos imaxinar a situación: horas e horas de enganche ao ecrán.

Batman: Arkham City xa é un dos xogos máis esperados por todos os xogadores, e non é para menos vendo a primeira entrega. Mais despois de ver decenas de vídeos e tráilers deste xogo chéganos un moito máis… diferente.

Supoño que a maioría de vós tendes en mente a musiquiña que se fixo famosa grazas aos seus filmes pasados. Atendede á mistura.

http://www.youtube.com/watch?v=Z2KjSLTNd4E&feature=player_embedded

Bat-inimigos

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011, 13:43 COMENTAR

Para aqueles que non probastes o Arkham Asylum tedes dúas misións, a primeira ler o análise aquí realizado e a segunda correr a por el e desfrutalo como ningún.

Despois de xogalo comprenderedes as expectativas que ten esta segunda parte, que non só promete igualalo, se non que ten todas as pintas de superalo. Ou polo menos no tocante á duración case seguro, xa que a propia Rocksteady (responsábel de Arkham City) asegurou que o xogo alcanzará as 40 horas de xogo.

As misións secundarias en Arkham City son un bo exemplo de durabilidade. Temos cerca de 15 horas de historias fóra do fío argumental principal. A estas misións, debemos sumarlle as máis de 25 horas que custa completar o modo historia polo argumento principal.

Xa vedes, non hai ningún rumor, todo é oficial, parece que teremos un total de 25 horas de historia principal, que para unha aventura deste tipo xa me parece moitísimo, e 15 horas de misións secundarias (que se seguen a liña da primeira parte eu conto pasalas todas).

Eu estou encantado de que lle dean duración ás aventuras (xa podían outras compañías coller exemplo),e con esta noticia teño aínda máis ganas de probalo… se cabe.

Por certo, o título sairá o 18 de outubro para Xbox 360,PS3 e PC

Primeiro in-game de Arkham City

Por: Mércores, 16 de Marzo de 2011, 11:54 COMENTAR

Agora podemos ver por primeira vez o xogo en movemento real de Batman: Arkham City, un título dos máis esperados, sobre todo por aqueles que xa desfrutamos da anterior entrega.
Que nos presenta de novo?, pois básicamente móstranos a liberdade que teremos por toda a cidade e algún que outro movemento do noso protagonista.

Confórmome con que sexa igual de divertido que a primeira entrega, e polo que parece Arkham City pinta aínda mellor, alguén pensa que será un xogo que pasará desapercibido?, ilusos herexes.

Algúns detalles sobre Batman: Arkham City

Por: Mércores, 22 de Setembro de 2010, 16:29 COMENTAR

batman

Aínda recordo con toda a emoción a sorpresa que levei cando xoguei ao primeiro título de Batman desta xeración, e non hai palabras para describir esa xoia dos videoxogos.

Supoño que a ninguén collería por sorpresa que sacarían un novo título, e deste, cada vez se saben máis cousas e algunhas delas cóntoas aquí.

O primeiro que debemos mencionar son os novos personaxes que veremos no título, polo que ademáis do carismático Joker poderemos ver a Dúas Caras,Victor Zsaz, Calendar Man e Catwoman como convidados especiais en Arkham City.

Tamén hai que destacar que a historia continuará directamente do anterior videoxogo, detalle que poderedes aproveitar para volver rexogar a anterior obra de morcego, que nunca ben mal.

Pero o detalle máis sorprendente é que o mapa será cinco veces máis grande que Arkham Assylum ( que xa lle chega ben ), polo que podemos intuír que haberá vehículos que manexar para desprazarnos dun lado a outro.

Sobra mencionar que é un dos títulos que máis espero, e aínda preguntades por qué?, se facedes isto é que non desfrutastes do anterior título.