Aínda sodes dos que non tendes gana de que chegue este cacho título? Aínda sodes escépticos coa cualidade que irradiará o Arkham City? Persoalmente, con cada declaración que fan os responsábeis, as ansias de apoderarme del medran considerabelmente.

As últimas declaracións viñeron da man do xefe de márketing de Rocksteady, nas cales informaba que o Batman: Arkham City será un xogo completamente rexogábel.

Concretamente dixo:

Cando terminas a historia principal, podes voltar a xogala mantendo todos os gadgets e melloras. Mais… é que as vas necesitar! Porque a configuración dos inimigos mudará e todas as asistencias de combate —como os raios azuis que che indican cando un inimigo está a piques de baterte— desaparecerán […] Terás que te antecipar aos golpes só vendo as animacións do inimigo.

Como vedes, outro detalle para non perder de vista este novo título do home morcego.

Non dás chegado dunha vez