Beta do Banjo-Kazooie

Por: Martes, 15 de Setembro de 2015, 11:49 COMENTAR

Algunha vez pensaches que un abraiante plataformas como o Banjo-Kazooie puidese vir dun RPG pirata para a Super Nintendo? Pois así é, e no vídeo contan como foi iso.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Rare volve ao ataque

Por: Sábado, 10 de Xaneiro de 2015, 15:51 1 COMENTARIO

O compositor do estudo Rare dixo que “O ano 2015 será un gran ano para o estudo”, e subiu unha foto dun pentagrama. Non son poucos os que xa apostan por un Banjo-Kazooie 3 (se non contamos o de coches da Xbox). ¿Será capaz Rare de volver a ser aquela compañía que revolucionou a industria dos videoxogos no pasado, ou seguirá dando paus de cego da man de Microsoft?

banjo_kazooie

Adeus meus queridos compañeiros

Adeus meus queridos compañeiros

De todos é sabido que Rare sufríu unha remodelación interna na que xa non queda ningunha desas persoas que fixeron da compañía algo enorme, mais algúns esperanzadores coma min, aínda cruzan os dedos para ver grandes clásicos como Banjo nas consolas actuais.

E isto pode ser unha realidade, mais non da maneira que todos queremos, xa que actualmente Rare está traballando en crear diferentes experiencias de xogo co Kinect, e parece que pretenden seguir o mesmo camiño de resucitar a algúns dos seus clásicos.

Hai moito desexo en facer iso, e xogos como Viva Piñata,Conker ou Banjo Kazooie son moi populares internamente, moita xente quere facer cousas para a franquicia Banjo.

Queremos atopar algo que ninguén fixese antes. Gustaríame inventar novos xéneros, novos camiños para xogar.

Este sensor danos a oportunidade para facelo grazas á fidelidade que ten agora.

Os que me coñecen saben que non me gustan en absoluto os xogos para Kienect e que amo encarecidamente os dous primeiros títulos de Banjo, polo que xa todos podedes imaxinar como me sinto.

Tan difícil sería realizar un Banjo Kazooi 3 rememorando os clásicos xogos de plataformas? Porque non botan un ollo atrás e reflexionan sobre por que a saga Banjo ten tanta fama?