Hoxe comezo como colaborador neste magnífico blogue cunha importante noticia para todos os que somos seguidores da saga Bad Company de Battlefield.
Lendo no twitter oficial do Battlefield Bad Company 2 descubrimos un enlace que nos redirixe á paxina de Battlefield ( http://blogs.battlefield.ea.com/battlefield_bad_company/archive/2010/09/08/getting-ready-for-tokyo-game-show.aspx## ), dentro deste enlace descubrimos que EA anunciará na Tokio Game Show un pack de expansión para o Bad Company 2 chamado ”Vietnam”, este pack de expansión contén 4 mapas extras para o xogo, novas armas da guerra de Vietnam, vehículos da época e tamén traerá novos trofeos. Déixovos aquí o tráiler deste pack de extensión.




Fágome unha pregunta, cal será o prezo?, gratis para os que teñamos o codigo VIP?