A popular e xenial (se me permitides o adxectivo) serie de animación Padre de Familia terá un novo videoxogo a finais deste ano.

Así o confirmou Activision, no cal simularemos un dos clásicos capítulos da serie no cal Stewie e Brian viaxan a través de planos do universo. Aínda non sabemos que tipo de xogo será este “Back to the Multiverse” pero o que si aseguraron os seus responsábeis é que rememoraremos algúns dos momentos máis famosos da serie.

Tampouco confirmaron para que plataformas sairá, aínda que todo apunta a que será para Xbox 360 e Playstation 3.