Xa fai tempo que esperamos noticias de RollerCoaster Tycoon World, un novo xogo da clásica saga que Atari presentou en sociedade tralos malos resultados do lanzamento do RCT4 para iOS.
Pese a chegar a información con conta pingas, parece que temos un novo tráiler que aparece para despexar algunhas dúbidas sobre o sistema de xogo e outros elementos.
Como cabe esperar nesta saga, o obxectivo será o de ser un xeitoso empresario no mundo dos parques de atraccións, potenciando neste caso o xogo online, como xa intentou SimCity non fai tanto. Podéndose compartir os elementos que creamos e incluso xogar nun modo cooperativo para chegar ó éxito en compaña.
Xunto con todo isto, virán tamén certas melloras nas físicas e na cantidade de elementos para incorporar ós nosos parques, pero non semella que se esten a centrar moito no aspecto gráfico, que semella certamente pobre na época actual.
Sen mais datos sobre a súa saída nin mais información polo momento, aínda que especúlase unha saída en abril, só queda esperar que o resultado sexa o que todos esperamos e que a nova entrega cumpra as expectativas.
Persoalmente teño moitas ganas de probala, pese a que declárome totalmente incompetente nos xogos de xestión, si que lle botei horas ás primeiras entregas. Suficiente para ter un bo recordo e mercalos xa hai un tempo en GOG. Podería ser un bo candidato para o próximo retro análise?