Assassins-Creed-IV

A próxima entrega da sobre-explotada saga Assassin´s Creed chegará o 29 deste mes a Xbox 360 e PS3 e como é normal, toca vendelo ben aos consumidores.

Pois Jean Sebastien Decant, deseñador do título comentou que superar o título ao 100% poderá levarnos unhas 80 horas, número que non está nada mal para un xogo destas características:

Completar a historia principal pode levar unhas 20 horas, e conseguir os obxectivos adicionais, unhas 60 horas máis. Sobre o tamaño do mapa non podería dicir números, mais temos tres grandes cidades, comparadas con outros xogos, son tres cidades enormes e quince localizacións únicas ao redor do mundo, ademais dun montón de illas onde podes construír edificios e cousas así. Recorrer o mapa en barco podería supoñer 15 ou 20 minutos sen parar.

Para aqueles fans da saga estas palabras son motivo de alegría, e poida que teñan Assassin´s Creed para tempo.

Facemos unhas aposta? Canto tardarán en anunciar un novo título da saga? Tic, tac, tic, tac…

Neste novo tráiler de dous minutos do «Assassin’s Creed IV: Black Flag», o seu protagonista, Edward Kenway, introdúcenos no universo pirata no que se centrará a historia principal desta nova entrega da saga.

O lanzamento está previsto para o 1 de novembro (29 de outubro en Norte América).

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots

Así o dixo o director creativo de Assassin´s Creed IV: Black Flag, Jean Guesdon con relación á postura de Ubisoft a sacar un título desta saga cada ano:

Creo que xa demostramos que esta franquicia é relevante e que ten un longo camiño que percorrer. O noso traballo como desenvolvedores desta nova obra é a de sorprender aos xogadores e ofrecer ideas novas, frescas e, ao mesmo tempo, asegurarnos de que o que fai de Assassin’s Creed unha saga que sobresae seguirá intacto”.

Persoalmente non son moi fan desta saga, xa o deixei claro neste artigo de opinión, o que me leva a seguir dubidando moito nestes xogos, porque quizáis deberían pensar máis na xogabilidade e distribución de misións que en cambiar de localización en cada título, pero en fin, que saberei eu…