blackbeards-wrath
Ubisoft ven de confirmar o lanzamento do primeiro DLC para o «Assassin’s Creed IV: Black Flag», baixo o título «Blackbeard’s Wrath», que engadirá tres novas personaxes dipoñibles para o modo multixogador:

“Blackbeard, empuñando unha espada e moi mal xenio non está para bromas. A súa reputación como temido pirata faille xustiza e os seu movementos para matar inclúen o uso da súa tremenda forza para lanzar aos seus obxectivos e facer que perdan o equilibrio para, a continuación, rápidamente rematalos cun golpe limpo.”

“Orchid é unha asasina mortal amiga dos templarios medrou na China, servindo como conselleira militar na dinastía Quing, onde perfeccionou as súas habilidades de asasina. Executa aos seus opoñentes rápida e gracilmente coa súa katana, unha extensión do seu corpo e da súa mente.”

“Jaguar Cuali, guerreiro azteca de México, chegou ao mar para loitar contra a conquista española de América Central. Un loitador que sobrevivíu á destrución da súa comunidade e xuntou forzas cunha crecente continxencia de Templarios nativos que buscaban renovar a paz e a orde. Impulsado por unha forza mística, Jaguar loita como o seu homónimo animal, atacando de xeito rápido e silencioso coa súa arma favorita: unha discreta macheta.”

Estará dispoñible a partires do vindeiro martes, 17 de decembro por 2,99 € e está incluído dentro do “pase de tempada” (19,99 €).

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft ven de publicar o anuncio que emitirán nas televisións norteamericanas para promocionar a nova entrega da saga: «Assassin’s Creed IV: Black Flag».

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de novembro para as videoconsolas actuais, mentres que as videoconsolas de nova xeración e PC terán que agardar ao 22 de novembro.

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft ven de publicar un novo vídeo onde entrevistan a tres dos actores que puxeron a voz e movementos aos personaxes no xogo. Os actores Matt Ryan, Mark Bonnar e Ralph Ineson que interpretan a Edward Kenway (Protagonista do xogo), Blackbeard e Charles Vane, respectivamente, fálannos da personalidade e obxectivos dos seus personaxes en Assassin’s Creed IV: Black Flag

O lanzamento está previsto para o 1 de novembro para PlayStation 3, Wii-U e Xbox 360, mentres que as versións para PC, PlayStation 4 e Xbox One agárdase que sáia ao mercado pouco tempo despois.

sony-gamescom
As principais novidades que Sony presentou na conferencia de onte na GamesCom 2013:

Data de lanzamento da PlayStation 4

ps4 dual
Como xa vos informamos nesta nova, xa sabemos a data oficial de lanzamento da PlayStation 4, que será o 15 de novembro no mercado americano, mentres que en Europa, América Latina e Australia e Nova Zelandia haberá que agardar ao día 29 de novembro. Polo de agora, descoñécese a data de saída no Xapón, pero estaba previsto para 2014.

Streaming a través de Twitch TV

twitch-tv
A nova PlayStation 4 poderá emitir as imaxes do xogo a través de Twitch TV. Será tan sinxelo como premer o botón “Share” no mando DualShock 4. Será outro xeito de capturar o vídeo das nosas partidas, ademáis do xa anunciado servizo DVR, que capturará os últimos 15 minutos de xogo.

PlayStation Plus terá 3 GB de almacenamento e 14 días de proba

O servizo de almacenamento na nube de PlayStation 4 engadirá 1 GB aos dous xa dispoñibles en PlayStation 3 e PS Vita. Os usuarios da nova videoconsola disporán dun período de proba de 14 días. Tamén anunciaron que os usuarios que renoven a súa subscrición por un ano antes do 20 de setembro, recibirán 90 días adicionais como agasallo pola súa fidelidade.

Baixada de prezo de PSVita e PlayStation 3

O modelo de 12 GB de PlayStation 3 e PSVita terán agora un prezo recomendado de 199 €. Ademáis, Sony tamén anunciou unha baixada de prezos das tarxetas de memoria para a consola portátil.

Descontos nos xogos de PlayStation 4 ao mercar a versión de PlayStation 3

Polo de agora só estará dispoñible con catro títulos, pero aqueles xogadores que merquen o xogo na actual consola de Sony terán un desconto significante se queren adquirir a versión para a nova videoconsola. Os títulos confirmados polo de agora son: «Call of Duty: Ghosts», «Watch Dogs», «Assassin’s Creed IV: Black Flag» e «Battlefield 4».

«Killzone Mercenary»

Guerrilla Games eleva o listón da calidade gráfica da PS Vita neste novo tráiler de Killzone Mercenary.

«Borderlands 2», «Fez», «Football Manager Classic 2014» sairán para PS Vita

Sony estivo traballando con 2K Games e Gearbox Software para crear unha versión para PS Vita do seu exitoso xogo Borderlands 2.

Pola súa banda o estudo barcelonés Blit Software está traballando na versión portátil de Fez, exitoso título, do que recentemente coñeciamos a cancelación da súa segunda entrega.

Ademáis do xa anunciado para PC, Mac e Linux, o compoñente “Clásico” de Football Manager 2014 tamén sairá para a PS Vita. Será publicado por Sega e Sports Interactive, creadora da coñecida saga, prometeu dar máis información pronto.
football-manager-classic-2014

«Tearaway»

Dos creadores de «Little Big Planet», a compañía Media Molecule publicou este novo tráiler do xogo de puzzles e plataformas nun entorno cun estilo de artesanía de papel.

«Gran Turismo 6»

O archicoñecido simulador de conducción Gran Turismo 6 chegará a todos os mercados mundiais o vindeiro 6 de decembro para PlayStation 3.

«LittleBigPlanet Hub» para PlayStation 3

Sony anunciou o lanzamento do novo servizo LittleBigPlanet Hub, un novo F2P que se financiará cos obxectos Premium e as microtransaccións.

«Rachet & Clank: Into The Nexus»

O director creativo de Insomniac Games, Brian Algeier @BrianAllgeier) nárranos este vídeo de 5 minutos de duración con imaxes do novo «Rachet & Clank: Into The Nexus», previsto para finais de ano para PlayStation 3 e PS Vita.

Xogos indie para PlayStation 4 e PS Vita

Con máis de 20 títulos confirmados, a PlayStation 4 e a PS Vita recibirán numerosos títulos indie, como o «Hotline Miami 2», «Fez», «Rogue Legacy» ou «The Binding of Isaac: Rebirth», entre outros, ademáis das exclusivas «Guns of Icarus Online» para PlayStation 4 e «Broken Sword», para PS Vita.

Os títulos confirmados polo de agora son:

PlayStation 4

  • “Assault Android Cactus” (Witch Beam)
  • “Fez” (Polytron Corporation)
  • “Final Horizon” (Eiconic Games)
  • “Guns of Icarus Online” (Muse Games)
  • “Hotline Miami 2: Wrong Number” (Dennaton Games and Devolver Digital)
  • “N++” (Metanet)
  • “Rogue Legacy” (Cellar Door Games)
  • “Samurai Gunn” (Teknopants)
  • “Starbound” (Chucklefish)
  • “Switch Galaxy Ultra” (Atomicom)
  • “The Binding of Isaac: Rebirth” (Nicalis)
  • “Velocity 2X” (FuturLab)
  • “Volume” (Mike Bithell)
  • “Wasteland Kings” (Vlambeer)

PS Vita:

  • “Age of Zombies” (BlitWorks/Halfbrick)
  • “A-Men 2” (Bloober Team)
  • “Assault Android Cactus” (Witch Beam)
  • “Avoid Droid” (Infinite State Games)
  • “Broken Sword: the Serpent’s Curse” (Revolution Software)
  • “Eufloria HD” (Omni Systems)
  • “Fez” (Polytron Corporation)
  • “Final Horizon” (Eiconic Games)
  • “Flame Over” (Laughing Jackal)
  • “Gravity Crash Ultra” (Just Add Water)
  • “Gunslugs” (Abstraction Games)
  • “Hotline Miami 2: Wrong Number” (Dennaton Games and Devolver Digital)
  • “Joe Danger 1” (Hello Games)
  • “Joe Danger 2” (Hello Games)
  • “Kick & Fennick” (Green Hill Studios)
  • “Rogue Legacy” (Cellar Door Games)
  • “Samurai Gunn” (Teknopants)
  • “Supermagical” (Tama Games)
  • “Switch Galaxy Ultra” (Atomicom)
  • “Table Top Racing” (Ripstone)
  • “The Binding of Isaac: Rebirth” (Nicalis)
  • “Volume” (Mike Bithell)
  • “Wasteland Kings” (Vlambeer)

33 títulos dispoñibles no lanzamento da PlayStation 4

Sony anunciou que na data do seu lanzamento, a nova videoconsola terá un catálogo de 33 títulos, algúns propios, como o Killzone Shadow Fall, Driveclub ou Knack e outros de terceiros.

«Resogun»

Housemarque, creadores da saga «Stardust», presentaron esta nova exclusiva para PlayStation 4, que prometen será o sucesor espiritual da debandita saga.
resogun

«Knack»

Pouco máis que este tráiler se dixo do título, creado por SCE Japan Studio e dirixido polo propio Mark Cerny@MarkCernyPS4), pero podemos ver novas imaxes do xogo, que estará dispoñible no lanzamento da nova videoconsola PlayStation 4.

«Killzone Shadow Fall»

Neste novo tráiler podemos unha pequena entrega do modo multixogador do shooter e as posibilidades para crear partidas propias con opcións como o número de vidas, tamaño dos equipos, fogo amigo, armas, e outras moitas opcións.

«inFamous Second Son»

Sony amosou neste novo tráiler a habilidade que ten Delsin, protagonista do videoxogo, para absorver os poderes doutros superhumanos, neste caso, poderes eléctricos.

«Minecraft»

O exitoso xogo de Mojang deixará de ser exclusivo de Microsoft nas videoconsolas e chegará tamén á PlayStation 3, PlayStation 4 e PS Vita, como confirmaron Adam Boyes @amboyes), directivo de Sony e o creador do xogo Markus Persson @amboyes) en sendas mensaxes en Twitter:


Se queredes ver de novo a conferencia completa, aquí a tedes:

(Saltamos os 19 primeiros minutos, pois son a típica imaxe avisando que a conferencia comezará en breve).

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft publicou un novo vídeo ingame estendido de 13 minutos de duración do vindeiro «Assassin’s Creed IV: Black Flag» que amplía o vídeo de 7 minutos que publicaran hai cousa de dúas semanas. Como no anterior, o vídeo conta cos comentarios do director do xogo, Ashraf Ismail.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.

assassins-creed-black-flag-front
Ubisoft acaba de publicar un novo vídeo de 7 minutos de duración do «Assassin’s Creed IV: Black Flag» con comentarios do director creativo do videoxogo, onde podemos ver en acción ao novo protagonista, Edward, aos mandos do seu barco pirata loitando contra outros barcos, atacando fortes e como funcionan as melloras do barco para conseguir facer máis dano aos inimigos.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.