Assassin Girl

Por: Xoves, 14 de Xullo de 2011, 12:31 COMENTAR

Non é que sexa moi seguidor desta saga, mais se a protagonista fose así gañaría moitísimos puntos

No E3 tamén amosaron un vídeo con gameplay do próximo Assassin´s Creed, e para min, volvemos a ver máis do mesmo.

Móstrannos un Ezio moito máis vello e canoso, pero que non perdeu ningunha das cualidades que o fixo famoso, como escalar calquera superficie ou pelexar contra varios protagonistas. Ademáis, como se pode comprobar no vídeo, verémonos en situacións bastante espectaculares, como incendiar barcos como se fosen de papel e tentar escapar do propio incendio.

Pero a min ségueme sen convencer, xa que como continúe na mesma línea que os anteriores váiseme facer moi lento e aburrido. Non digo que haxa misións (como a que vemos) que sexan divertidas, pero case estou por asegurar que non todas van ser así…

Sempre o dixen, na miña opinión a esta saga fáltalle dinamismo. Veremos nesta entrega.

Ezio vs Faith

Por: Domingo, 28 de Novembro de 2010, 2:42 COMENTAR

Moito se ten criticado o control de Mirrors Edge e o seguinte debuxo logra moi ben captar esta esencia (problemática para uns e afortunada para outros), usando ao protagonista de Assassin´s Creed como comparativa.
Mesmo camiño,diferente control,diferente final…