watch-dogs
A división de filmes de Ubisoft anunciou que está a traballar para levar á pantalla grande tres das súas maiores franquías: «Watch Dogs», «Far Cry» e «Rabbids», que se engaden a outras tres xa anunciadas: Assassin’s Creed (con Michael Fassbender como Desmond Miles), Splinter Cell (con Tom Hardy como Sam Fisher) e Ghost Recon (coa direción de Michael Bay).(Estes actores aínda non foron confirmados oficialmente, pero son os que máis soan, segundo os rumores da industria).

Segundo Jean-Julien Baronnet, CEO de Ubisoft Motion Pictures, a compañía tratará estes filmes como títulos independentes con novas historias, non como adaptacións dos videoxogos. Tamén comentou:

“Non todos os videoxogos farán un bo filme e para outros pode que sexa moi pronto para facer un filme.”

A relación da industria dos videoxogos coa do cinema non é nova, pois xa existen numerosos títulos que contan con adaptación cinematográfica, con diferentes niveis de calidade e éxito, como é o caso de «Resident Evil» , «Super Mario Bros.» ou «Tomb Raider» , por exemplo.

Noutras declaracións recentes, Yves Guillemot confirmou que están a traballar en tres novas entregas da saga Assassin’s Creed. Tamén comentou que polo de agora a compañía non se plantexa crear exclusivas para a Wii U, polo menos, mentres Nintendo non mellore as cifras de vendas da súa nova videoconsola.

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Segundo as declaracións Yves Guillemot, CEO de Ubisoft, a compañía está a traballar en tres novas entregas da saga Assassin’s Creed con diversas innovacións cada unha.

Ubisoft pretende así convertir a unha das súas sagas de referencia nunha estratexia de lanzamento anual, ao estilo, por exemplo, de Activision coa súa saga Call of Duty.

Estámonos asegurando de que os equipos que están a crear as diferentes interacións e teñen tempo abondo – dous anos, tres anos, para que poidan asumir riscos e cambiar o concepto o suficiente para que poida ser atractivo e fresco.

Realmente, o que vemos é que podemos ter a capacidade de chegar regularmente coa innovación.

Isto é, para min, a fórmula: Se realmente podes cambiar o xogo nunha base regular e traer innovación aos seus fans que queren un produto moi regularmente, o noso traballo é asegurar que os equipos teñen poder, enerxía e tempo suficiente para tomar as medidas necesarias para crear un xogo de alta calidade.

Evidentemente, Guillemot non falou de títulos específicos, agás do vindeiro Assassin’s Creed IV: Black Flag, que ten previsto o seu lanzamento para o vindeiro 1 de novembro.

Halo Creed

Por: Martes, 21 de Maio de 2013, 9:00 COMENTAR

halo-creed

O Xefe Maestro dos Asasinos

Vía | Imgur.com

A Orde precísate

Por: Luns, 29 de Abril de 2013, 9:00 COMENTAR

orderwantsyou

Querémoste connosco!

Vía | TeeCraze.com

aprils-fools-creed

Nada é verdade. Todo está permitido.

Vía | Imgur.com

assassins-creed-black-flag-front
Despois de varias filtracións estes pasados días (dos que xa vos falamos neste artigo e neste outro), a compañía Ubisoft confirmou nun comunicado os rumores e anunciou a saída da nova entrega o vindeiro 29 de outubro para Xbox 360, PlayStation 3, Wii U e PC e haberá tamén versións para as videoconsolas de nova xeración. Tamén confirmaron que a versión de PS3 terá 60 minutos de xogo exclusivo. Teremos máis datos e tráiler do xogo o vindeiro luns, 4 de marzo.

Páxina oficial

assassins-creed-black-flag
Segundo unha imaxe filtrada hai pouco na rede parece que Ubisoft xa ten preparado o material de merchandising da vindeira entrega da saga, titulada Assassin’s Creed IV: Black Flag, anunciado para o vindeiro ano fiscal (1 de abril de 2013 a 31 de marzo de 2014) a principios de mes pola propia Ubisoft, con novo protagonista e nova época histórica. Segundo certos rumores que circulan pola rede, sairía para o Nadal deste 2013.

assassins-creed-black-flag-poster

Póster filtrado na rede do novo Assassin’s Creed IV: Black Flag

A xulgar polo póster, parece ser que a temática principal desta nova entrega serían os piratas, o que quizáis lle daría un novo aire a esta quizáis algo queimada saga, aínda que tamén pode ser un cambio demasiado brusco e aos fans da saga non lle acabe de convencer. Veremos con que nos sorprenden…

Assassin’s SuperBowl

Por: Luns, 4 de Febreiro de 2013, 18:00 COMENTAR

Agora xa sabemos a orixe do apagón durante o partido da SuperBowl XLVII.

Vía | Páxina de Facebook do Assassin’s Creed.

De todos os lugares que se ven rumoreando onde se trasladará a terceira parte de Assassin´s Creed, ao final tocaranos viaxar a finais do século XVIII na Revolución Americana, así que aqueles rumores de Exipto parece que quedan anulados.

Formalmente o xogo aínda non está anunciado, pero debería estalo o próximo luns na propia páxina de Ubisoft e con sorte con algunha máis información.

De momento quedámonos con esta imaxe filtrada.

Aparecerá Ezio en Soul Calibur V?

Por: Martes, 18 de Outubro de 2011, 15:05 COMENTAR

Con cada entrega de Soul Calibur os seus creadores teñen o costume de introducir algún personaxe exterior á saga para aumentar a diveridade dos seus loitadores.

Se facemos un pouco de memoria pasaron por Soul Calibur Link, Yoda e Vader, Kratos e non sei se me esquezo dalgún máis por aí, pero a noticia que nos invade hoxe é a posibilidade de que apareza Ezio, protagonista de Assassins Creed, na quinta parte dunha das sagas de loitas máis dinámicas do mercado.

Aínda non hai nada oficial, mais isto sacámolo dunha das conferenzas de Namco Bandai na que emitiron unha imaxe (aparentemente sen querer) na que viamos a Ezio entre os loitadores de Soul Calibur V.

Como xa dixen aínda non se sabe nada oficialmente, mais supoño que só será cuestión de tempo, porque se unha imaxe se filtra nunha conferencia da propia Namco, algo de verdade terá que ter, digo eu…

Assassin’s Creed, esa saga da que non teño peito a pasar ningún xogo polo aborrecidos que me parecen, xa vai polo cuarto título: Revelations.

Sei que até aquí non digo nada novo, mais a Ubisoft acaba de anunciar que este novo videoxogo terá unha Beta multixogador en setembro para todos os usuarios de PS3, que dará comezo o 3 de setembro.

Concretamente irá do 3 ao 11 de setembro e será exclusiva para os membros de Playstation Plus (inxustiza!). A dita beta contará con 9 personaxes, 3 escenarios e 4 modos de xogo (Wanted, Manhunt, Deathmatch e Artifact Assault).

Para aqueles que esperedes este videoxogo recordarvos que sairá o 15 de novembro como somnífero para todos xogo do ano.

Xa hai bastante tempo que vos mostraba a mediametraxe de Assassin´s Creed 2: Linage. Pois ben, agora Ubisoft anunciou que sacará este filme en DVD e Blu-Ray no 15 de novembro.

Alén do filme tamén traerá uns cantos extras como Making of, un filme de animación chamado Assassin’s Creed: Ascendance, diarios de produción e tráilers.

Podedes botar unha ollada á mediametraxe, que está bastante ben feita. E se vos seduce, pois xa sabedes cando a podedes conseguir en boa calidade.