Batman: Arkham City xa é un dos xogos máis esperados por todos os xogadores, e non é para menos vendo a primeira entrega. Mais despois de ver decenas de vídeos e tráilers deste xogo chéganos un moito máis… diferente.

Supoño que a maioría de vós tendes en mente a musiquiña que se fixo famosa grazas aos seus filmes pasados. Atendede á mistura.

http://www.youtube.com/watch?v=Z2KjSLTNd4E&feature=player_embedded

Para aqueles que non probastes o Arkham Asylum tedes dúas misións, a primeira ler o análise aquí realizado e a segunda correr a por el e desfrutalo como ningún.

Despois de xogalo comprenderedes as expectativas que ten esta segunda parte, que non só promete igualalo, se non que ten todas as pintas de superalo. Ou polo menos no tocante á duración case seguro, xa que a propia Rocksteady (responsábel de Arkham City) asegurou que o xogo alcanzará as 40 horas de xogo.

As misións secundarias en Arkham City son un bo exemplo de durabilidade. Temos cerca de 15 horas de historias fóra do fío argumental principal. A estas misións, debemos sumarlle as máis de 25 horas que custa completar o modo historia polo argumento principal.

Xa vedes, non hai ningún rumor, todo é oficial, parece que teremos un total de 25 horas de historia principal, que para unha aventura deste tipo xa me parece moitísimo, e 15 horas de misións secundarias (que se seguen a liña da primeira parte eu conto pasalas todas).

Eu estou encantado de que lle dean duración ás aventuras (xa podían outras compañías coller exemplo),e con esta noticia teño aínda máis ganas de probalo… se cabe.

Por certo, o título sairá o 18 de outubro para Xbox 360,PS3 e PC

Algúns detalles sobre Batman: Arkham City

Por: Mércores, 22 de Setembro de 2010, 16:29 COMENTAR

batman

Aínda recordo con toda a emoción a sorpresa que levei cando xoguei ao primeiro título de Batman desta xeración, e non hai palabras para describir esa xoia dos videoxogos.

Supoño que a ninguén collería por sorpresa que sacarían un novo título, e deste, cada vez se saben máis cousas e algunhas delas cóntoas aquí.

O primeiro que debemos mencionar son os novos personaxes que veremos no título, polo que ademáis do carismático Joker poderemos ver a Dúas Caras,Victor Zsaz, Calendar Man e Catwoman como convidados especiais en Arkham City.

Tamén hai que destacar que a historia continuará directamente do anterior videoxogo, detalle que poderedes aproveitar para volver rexogar a anterior obra de morcego, que nunca ben mal.

Pero o detalle máis sorprendente é que o mapa será cinco veces máis grande que Arkham Assylum ( que xa lle chega ben ), polo que podemos intuír que haberá vehículos que manexar para desprazarnos dun lado a outro.

Sobra mencionar que é un dos títulos que máis espero, e aínda preguntades por qué?, se facedes isto é que non desfrutastes do anterior título.