Carisma nos protagonistas dos videoxogos

Por: Mércores, 16 de Febreiro de 2011, 10:43 2 COMENTARIOS

Hai anos os videoxogos só tiñan un obxectivo que primaba ante calquera outro, e non era outro que divertir.

Hoxe o conto cambiou moitísimo e con cada videoxogo búscase máis unha sensación cinematográfica,é dicir, desfrutar tanto do visual e da historia como da propia diversión. Relativamente isto está ben, pero como conseguir enganchar ao usuario nun título?, e se non o consegue mereceu a pena sacrificar o único obxectivo de divertir por unha historia nada orixinal?

Máis ou menos isto pode ser unha introdución do tema que vou tocar hoxe, porque unha historia boa engancha, e para que enganche un dos factores imprescindíbeis é buscar un protagonista carismático que encha a alma do xogador.

Ler o resto da entrada »