google-androidUn dos proxectos nos que traballa o xigante informático Google é unha videoconsola baseada en Android coa que pretende levar o seu sistema operativo aos salóns das nosas casas e facerlle a compentencia ao seu principal rival Apple e o seu previsto novo AppleTV.

Bioshock-infinite-special-edition
Os usuarios coa plataforma de Apple están de sorte, pois a compañía Aspyr acaba de confirmar que lanzará a versión do videoxogo para Mac, tan esquecida pola gran maioría de compañías, este vindeiro verán.

A saída ao mercado para PC, PS3 e XBOX 360 está previsto para o vindeiro 26 de marzo.

Aquí tedes un vídeo cos primeiros 5 minutos do xogo:

The Legend of Digital Zelda

Por: Domingo, 2 de Decembro de 2012, 21:10 COMENTAR

A aventura de Link a través dunha chea de dispositivos (de Apple) para salvar a princesa Zelda. Simplemente… abraiante.

Vía | Geeks are Sexy

Hoxe estase a celebrar a feira anual na que Apple presume dos seus “cacharriños” e aínda que polo de agora nada se sabe do Iphone 5, si que amosaron algo do novo Iphone 4S.

A súa apariencia é idéntica ao anterior, mais non podemos dicir o mesmo do seu interior, xa que ten un novo chip denominado A5, con dobre núcleo e que lle permite un dobre de velocidade, e isto inflúe directamente no apartado dos videoxogos, xa que a súa potencia gráfica será sete veces superior ao seu predecesor, unha auténtica animalada.

Tanto, que amosaron un vídeo de Infinity Blade 2 (a tempo real) para demostrar até que punto chega esta calidade. O xogo sairá o 1 de decembro, e posteriormente colgaremos o vídeo para ver esta espectacularidade.

ID Software está que non para e non se conforma con estar a crear un dos FPS máis esperados do momento,senón que lle sobra tempo para realizar unha versión para os “cacharriños” da Apple.

O certo é que aínda non lle puiden botar a man a esta versión (aceptamos análises e opinións dos lectores), mais polo que puiden observar é un xogo sobre carrís en que vemos un apartado técnico impecábel.

Pois ben, a nova chéganos desde a súa páxina de Facebook xa que acaba de chegar aos 100.000 “gústame” (aproximadamente como os de Memoria Pixelada), e ID SOftware para celebralo agasallará o videoxogo RAGE para iOS durante unha semana.

Daquela xa sabedes, se tendes un iPhone, iPad ou iPod Touch conectádevos no iTunes e descargade RAGE gratuitamente. E non vos descoidedes, que esta promoción dura só até o vindeiro xoves e despois non vale dicir que non iDiñeiro.

Publicidade subliminal

Por: Domingo, 14 de Agosto de 2011, 18:46 COMENTAR