bethesda-no-wii-u-plans

Pete Hines, vicepresidente de márketing de Bethesda Softworks amosouse moi claro ao buscar responsábeis pola falta de apoio de terceiras compañías que está a sufrir a Wii U, para Pete Hines a culpábel é a propia Nintendo por non fomentar as relacións coas desenvolvedoras antes de sacar á consola ao mercado.

O momento de convencer aos editores e desenvolvedores para que apoien á Wii U pasou fai moito tempo. A consola xa está á venta.

Tamén aclarou que Microsoft e Sony si consultaron aos estudos de desenvolvemento antes de lanzar a súa consola para saber as opinións e así contrastalas cos datos iniciais.

Non é que recibamos sempre as respostas que queremos cando nos reunimos coa xente de Sony e Microsoft. Mais involucráronnos no proceso de creación das súas consolas dende moi pronto.

Dixéronnos, ” isto é o que estamos facendo, isto é o que planeamos e así cremos que funcionará” e ao mesmo tempo escoitaron as nosas opinións e a dos equipos técnicos.

Pouco despois volve reincidir no erro cometido por Nintendo de deixar a todas as desenvolvedoras a un lado, deixando moi claro que non está interesada en absoluto na Wii U.

Se vas a dicir, ” estamos facendo esta consola, así é como funciona e ti deberías facer xogos”… pois non. A miña resposta é non.

Vou centrarme nas que ofrecen maior apoio. Tes que falar coas desenvolvedoras antes de facer a consola, cando estás deseñándoa e pensando como funcionará.