Torta de aniversario do Zelda

Por: Domingo, 20 de Outubro de 2013, 11:47 COMENTAR

wind-cake

Con tortas así é menos duro facerse vello…

Fonte | Nerdache Cakes

A famosa compañía Epic Games liderada polo frenético Cliffy B. está a celebrar o seu vixésimo aniversario e como toda boa desenvolvedora de videoxogos non se esquece dos seus fans.

Deste xeito agasallan un total de vinte cancións dos seus títulos máis significativos como pode ser Gears of Wars, Infinity Blade, Bulletstorm…

Sempre se agradecen este tipo de detalles así que non dubidedes en pasar pola súa páxina web e descargar estos temas que de seguro vos faran rememoran momentos épicos.

Tras o salto o título de todas as cancións que tedes dispoñíbeis.

Ler o resto da entrada »

Terceiro aniversario de Memoria Pixelada

Por: Mércores, 18 de Abril de 2012, 12:16 2 COMENTARIOS

É curioso como pasa o tempo e día a día, píxel tras píxel Memoria Pixelada acaba de cumprir tres anos de vida. Tres aniños cheos de cambios, cheos de artigos e novidades e cheos de compañeirismo, tanto polos redactores como polos espectadores que nos len a diario.

Deste xeito só podemos agradecer o voso seguimento, a todos que buscan Memoria Pixelada para enterarse do que acontece por este mundo, a todos aqueles que seguen esta páxina dende os seus comezos e tamén aqueles que actualmente lle atoparon algo de divertido.

Grazas a vós conseguimos chegar o trienio e grazas a vós estamos coa mesma ilusión que o primeiro día.

Para celebrar estes tres anos queremos realizar unha serie de cambios na páxina, con novos apartados, novo deseño, máis profesionalidade e máis constancia nas redaccións, así que estade atentos a un futuro próximo.

Moitas grazas a todos.


Buff, como pasa o tempo para os videoxogos, hai non, espera, tamén para os humanos.

Certo día como hoxe pero hai vinte anos nacía por primeira vez Sonic para Mega Drive, converténdose na mascota da propia consola e capturando o corazón de milleiros de persoas (verdade Amil?), pero en dúas décadas mudaron moitas cousas e non precisamente para ben.

Aínda así, e recoñecerei que sempre estiven máis ligado ao fontaneiro de Nintendo, non podo evitar ter un gran aprezo a este ourizo, e non só polas primeiras grandes entregas, se non polas discusións “cariñosas”,algunha que outra camisola, autocolantes, pósters…

Por isto merece as miñas felicitacións, e para os que pensedes igual, Sega pon á nosa disposición só até o 12 de xullo (así que apurade) unha Demo de Sonic Generations en PSN e Xbox Live, coa versión para o Sonic clásico do seu Acto Green Hill.

Se o queredes probar non vos despistedes moito.