Amazon permite reservar o GTA V para PC

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 22:43 COMENTAR

A páxina xermana de Amazon permite reservar unidades de GTA V para PC, inicialmente podíase tanto na páxina francesa coma na alemana, pero agora mesmo únicamente esta derradeira segue activa, pódese comprobar nesta dirección. Deste modo, converteríanse en correctos os rumores que, ó igual que ocorrera co anterior xogo da saga, sinalaban a sua publicación en PC ó pasar uns meses tralas versións de consolas.

dead-rising
Na tenda online Amazon, filtrouse o lanzamento de «Dead Rising Collection», un novo pack para a Xbox 360 que incluirá Dead Rising, Dead Rising 2, Dead Rising 2: Off the Record, así como as “expansións” Case West e Case Zero por 24,99 libras esterlinas (uns 31 euros), dispoñible dende o vindeiro 24 de xaneiro.

Dende Capcom afirmaron que se trata de un erro, pois o lanzamento do título nin tan sequera foi confirmado.

Podedes consultar a ficha nesta ligazón.

amazon
Segundo certas fontes da compañía, o xigante Amazon podería estar a barallar a posibilidade de lanzar ao mercado unha videoconsola propia.

Nesta época na que moitas compañías se lanzan a vender consolas que empregan o sistema operativo Android, dende a compañía non querían quedarse atrás neste potencial mercado.

Pese a este auxe de videoconsolas Android, tamén hai que ter en conta que non todas acadan o éxito agardado, como o caso da Ouya, que aínda que a súa campaña en Kickstarter foi todo un éxito, agora apenas un 27% dos seus usuarios chegaron a mercar a versión completa dos xogos do seu, polo de agora, escaso catálogo.

Entre as datas de lanzamento, soa con especial forza o vindeiro “Black Friday” (29 de novembro), data na que nos Estados Unidos inauguran a tempada de compras do Nadal con grandes descontos.

lanzamento-xbox-one
Recentemente, Amazon, tenda online por excelencia, creou a ficha da vindeira videoconsola da compañía de Redmond, a Xbox One para que os seus clientes poidan reservala. O interesante desta ficha é que puxeron como data de lanzamento o vindeiro 27 de novembro.

Dende Microsoft xa se apuraron a negar que esa sexa a data real de saída e que soamente se trata dun “placeholder”, tal e como declarou un representante da compañía:

“É unha táctoca habitual dos vendedores poñer datas e prezos de referencia ata que lles informamos da data e prezo definitivo. Estamos excitados co lanzamento da Xbox One en novembro de 2013.”

Para os que non sexades moi dados ás tendas online, sirva como referencia un exemplo do que recentemente vos informabamos cando nalgunhas tendas poñían os: xogos de PS4 a 99,99 dólares. Nese caso, como as propias tendas non sabían cal sería o prezo exacto ao que sairían os prezos, simplemente puxeron nas fichas un prezo “desorbitado” para evitar reclamacións dos usuarios. Se por exemplo tiveran posto 59,99 dólares e ao final os xogos custasen 69,99 dólares, a avalancha de queixas que terían sería enorme e terían que pagar eles eses 10 dólares de máis.
Pois ben, neste caso os de Amazon puxeron unha data de referencia ata que dende Microsoft lles confirme a que será a data final de lanzamento da nova videoconsola.

Pola súa parte, Sony tamén se apresurou a negar a data do 13 de novembro que moitas tendas anunciaron a semana pasada como lanzamento da PlayStation 4, afirmando que esa data era simplemente especulativa.